Notas
-
O acordo acadouse trala reunión mantida no Pazo Provincial entre o presidente Manuel Baltar e representantes dos concellos galegos que tiveron protagonismo nas pasadas edicións deste prestixioso certame literario.
-
O luns, 4 de abril, ás 17,00 h., inaugurarase en Celanova (Ourense), na Casa dos Poetas, a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, que permanecerá aberta ata o día 20 de abril.
-
Antoni Socías participa nunha conversa aberta ao público xunto co artista CaramoFant e, posteriormente, imparte un laboratorio de ideas sobre a vinculación entre arte, ciencia, filosofía e psiquiatría. O CGAC acolle ata o 12 de xuño a obra do artista mallorquín, na mostra Teoría e práctica do deserto que aborda os conceptos centrais do seu universo creativo.
-
En Marea presenta a súa presenza no Congreso e no Senado ao servizo da cidadanía galega, polo que dá conta das súas accións nun acto aberto no que tamén recolle opinións e críticas co fin de coñecer o que fan mal, no que poden mellorar e recoller entre os cidadáns que novas propostas poden presentar.
-
O reitor da USC Juan Viaño inaugura esta mostra o 31 de marzo. “Hai nas madrugadas de Compostela unha hora silenciosa e baleira. Unha hora máxica na que os derradeiros noctámbulos sa xe foron pero os máis madrugadores aínda non chegaron. Unha hora de calados resplandores na que é posible gozar da cidade a solas”.
-
A sede do CDG é un dos cinco escenarios nos que se está a desenvolver a sétima edición desta iniciativa da sala Sónar, que lle achega ao público compostelán a música de cantautores tanto consagrados como emerxentes. O primeiro concerto está programado para o venres 1 de abril ás 22.00h.
-
A compañía galega de danza chega a Galicia coa creación do coreógrafo cubano Julio César Iglesias Ungo que foi estreada o 11 de marzo no Tanzhaus de Düsseldorf. A primeira función está programada para o venres 1 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña para inaugurar o ciclo TRC Danza, no que tamén colabora a Consellería de Cultura.
-
O domingo 3 de abril celébrase no Paseo da Corredoira o Festival do Meixón Poranse á venda 500 racións ao prezo de 40€. Dende o Concello de Tui apóstase pola recuperación deste evento gastronómico tras varios anos sen celebrarse.
-
No comité asesor da mesa de contratación da base de drons de Rozas atópase unha persoa relacionada cunha das empresas adxudicatarias. Alternativa Galega de Esquerda rexistrou unha proposición non de lei que esixe a paralización do proceso “por non cumprir coa normativa e a legalidade en contratación pública”.
-
María Lado, Lucía Aldao, Antonio García Teijeiro, Mª José Fernández, Antía Juncal, Martiño Maseda, Darío Xohán Cabana, Mateo Buján, Raúl Costas e César Morán participan no evento, que inclúe recitais poéticos e musicais e actividades paralelas arredor dos libros, da pintura e da fotografía.