Notas
-
Todas elas incorporan unha serie de mostras bibliográficas relacionadas coa conmemoración do IV centenario da morte de Cervantes. Os museos e centros de arte e cultura súmanse cunha experiencia de bookcrossing, de liberación de libros, obradoiros, exposicións, contacontos e certames literarios.
-
Santiago de Compostela é a cidade convidada da 42ª edición da Feira do Libro de Bos Aires (Arxentina) na que participan máis de 20 países e cada edición recibe máis de un millón de visitas. Con este motivo, o concello presenta un catálogo de actividades entre as que figuran a presentación de Compostela Colateral e do Mapa Literario de Santiago, según presentou o alcalde Martiño Noriega.
-
A Xunta e a fundación que custodia o legado do poeta ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas colaboran en diversas actividades co fin de poñer en valor a súa figura e estudar e divulgar a súa obra. O conselleiro de Cultura avanzou a posta en marcha dun conxunto de iniciativas para renderlle tributo ao autor chairego, que complementarán as previstas pola Fundación Manuel María.
-
O presidente do goberno provincial de Ourense visitou en San Xoán de Río a “Casa das Rodas”, “berce do futuro “Museo da Roda de Afiar” que a Deputación porá en marcha en 2017, tal e como figura no Plan Ourense 15-19”, confirmou Baltar, quen dixo: “Florencio de Arboiro mantén viva a identidade ourensá”.
-
A montaxe estréase en Cerceda coa función programada no Auditorio Municipal da localidade coruñesa. A compañía de María Torres e Gonçalo Guerreiro culmina dous meses de residencia artística neste espazo e unha campaña escolar para o alumnado do concello.A danza da choiva divulga os efectos do cambio climático.
-
Celebrouse en Santiago a reunión de coordinación do convenio asinado pola AECID e as comunidades de Galicia, A Rioxa, Illas Baleares, Madrid, Estremadura e Valencia. A dotación total da axuda humanitaria conxunta destas seis comunidades autónomas e a AECID en 2016 será de 1,3 millóns de euros. Crearase un Fondo de Continxencias con 300.000 euros e destinaranse ademais outros 500.000 euros a continuar cun proxecto alimentario para os refuxiados saharauís de Tinduf, Arxelia.
-
A conselleira do Medio Rural defende que ter unha única OPL sería a vía para que os gandeiros tiveran máis forza á hora de negociar os prezos xa que representaría ao 37% dos produtores galegos e reuniría o 34% do volume de leite de Galicia. Entra en vigor a medida da UE que autoriza aos produtores a planificar a produción de leite.
-
O ciclo, que se desenvolve do 16 de abril ao 30 de setembro, contribúe á descentralización da oferta cultural galega, ao tempo que amplía a distribución dos espectáculos de teatro, música, danza, novo circo e maxia producidos en Galicia. Preséntase a nova entrega do programa cultural de 2016.
-
Investigar sobre as formas de creación que se dan nos círculos de mulleres é o eixo do proxecto experimental colaborativo Mulleres en Círculo que, iniciado pola ourensana Reme Remedios en 2014 con motivo do Festival Miradas de Mujeres e comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro, chega ao seu fin na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.
-
A actuación do 11 de maio no Teatro Principal, “potencia a programación deste ano da 2ª Semana das Industrias Culturais e Creativas”, afirma Manuel Baltar. “Bestlife” é a banda ourensá que resultou gañadora dos “ICC Awards”, convidada a compartir escenario con “Love of Lesbian” o 14 de maio, mentres que “Priscila”, grupo igualmente ourensán, será o convidado pola organización para actuar ese día dentro da ICC Fest.