Notas
-
É un dos xacementos paleolíticos máis notables dos que foron descubertos no noroeste ibérico, conserva un dos mellores conxuntos de fósiles fauna do Cuaternario de toda Galicia e durante a escavación se atoparon mostras arqueolóxicas da prehistoria recente e indicios de ocupacións eventuais na Idade Media e na Moderna. De todo isto falarase na xornada.
-
A música independente e a natureza da Costa da Morte fusiónanse do 12 ao 14 de agosto en Ponteceso, onde se darán cita Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound. Unha ampla variedade de actividades culturais e un campus de traballo ecolóxico completan o programa de 2016.
-
O Lugo Numismático percorrerá nesta terceira edición varios espazos da provincia, comezando por Lugo, e continuando con Samos, o Castro de Viladonga ou o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla.
-
Un corpo de baile integramente masculino interpreta esta montaxe, con dirección musical de Sergio Moure de Oteyza, na que conviven a danza tradicional galega coa española, a contemporánea e o flamenco. Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez son os directores artísticos deste espectáculo.
-
Os xogadores participantes teñen a oportunidade de coñecer a oferta turística do sur de Galicia a través dun amplo programa de actividades complementarias. O evento celébrase entre os días 23 e 27 de maio no campo de golf Balneario de Mondariz e conta coa participación de 169 golfistas. Obxectivos: promocionar Galicia para o golf e desestacionalización cara o turismo de saúde.
-
Tras varios meses de incertezas sobre o futuro de Alcoa, con movementos opacos por parte da empresa sobre unha posible venda das plantas da Península sen ningún tipo de información aos traballadores, En Marea insta ao Goberno en funcións a dar cumprimento aos seus compromisos e garantir a viabilidade do grupo siderúrxico mantendo os postos de traballo.
-
Na presentación precisouse que os 30 equipos participantes farán por remudas un traxecto que chega case aos 800 quilómetros e durante os cales os corredores poderán explorar os seus límites e desfrutar do patrimonio que atoparán ao longo do traxecto. En 2015 percorreron o Camiño Francés 172.000 peregrinos: elexírona dous de cada tres.
-
A fórmula do partido instrumental sería a preferida por Anova para concorrer ás eleccións ás Cortes.
-
O concerto Rosas... para Galicia serve de homenaxe ao escritor galego homenaxeado co Día das Letras Galegas 2016.
-
Compostela será unha das 21 cidades españolas que celebren o Pint of Science 2016: un festival internacional que do 23 ao 25 de maio leva a ciencia aos bares co único obxectivo de facela accesible ao público e co que colabora a USC. A luz e as estrelas centran a última sesión do singular festival.