Notas
-
Regresa o roteiro Camiño ao Gaiás, da Universidade de Santiago (USC), entre xullo e setembro de 2016Un verán máis, a Fundación USC Deportiva e a Cidade da Cultura organizan conxuntamente o roteiro Camiño ao Gaiás co obxecto de achegar, cada xoves entre xullo e setembro, á sociedade compostelá e aos seus visitantes os distintos espazos dese centro cultural e a súa contorna, promocionando un estilo de vida saudable.
-
La nueva web del Ayuntamiento de Monterroso se basa en cuatro bloques principales de información: Ayuntamiento, Municipio, Turismo y Actualidad. Pero ofrece también accesos directos a algunos de los elementos más importantes, como el Camino de Santiago, la Feira de Santos o la Sede Electrónica.
-
A suíza UMS’n JIP achegarase ás estéticas operísticas no concerto que ofrece o mércores 22 de xuño no Espacio Sirvent no ciclo Do Audible. Diferentes disciplinas da arte e do pensamento dialogan neste ciclo promovido pola Xunta en colaboración con Vertixe Sonora, para achegar o público ás expresións culturais contemporáneas.
-
O Salón Teatro acolle o martes, 21 de xuño, a representación de Cabaret Salomé pola compañía GN Teatro e, o mércores 22, Cinzas, da Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Péchase o programa dunha temporada que tamén acolleu exhibicións cinematográficas. O pano da sede do CDG súbese o 23 de setembro para a estrea de Tartufo, dirixida por Carles Alfaro.
-
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da 21ª edición do certame, que terá lugar do 28 de outubro ao 5 de novembro. O OUFF pasará a ter dúas seccións competitivas, centradas no cine iberoamericano e en óperas primas.
-
A mostra itinerante permanece en Santiago de Compostela ata o 8 de xullo e despois viaxa a cidades como Pontevedra, Ribadeo, Fene, Pontedeume, Valdoviño e Ourense. Forma parte da programación especial do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia.
-
O responsable municipal de Culturas destaca a oportunidade de “contribución" da institución “sen tutelaxes” ao proxecto, que inclúe por vez primeira un concurso de fotografía aberto a todos os públicos. José Manuel Sande destaca a "convivencia de distintos modelos de xestión cultural na Coruña" durante a presentación da nova edición do festival de fotografía Visions, "unha iniciativa da propia comunidade creativa".
-
Trátase dun proxecto interactivo promovido por Turismo de Galicia. Os escolares concienciaranse da importancia da Ruta como fonte de cultura, patrimonio e riqueza e afondan nos recursos turísticos e naturais. O libro narra a peregrinación de Sophie e do seu avó, dispóñense dous cadernos de actividades para rapaces e docentes.
-
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou en Pereiro de Aguiar as instalacións da sociedade cooperativa de ensinanza Guillelme Brown, que está formada por un total de 12 socios e é un dos poucos colexios de Galicia que ao mesmo tempo é unha cooperativa.
-
As conselleiras de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaron coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o convenio que garante a execución da estación intermodal da capital de Galicia.