Notas
-
Desde Madrid, y por primera vez en su historia, llega a Santiago de Compostela el tren de lujo más espacioso del mundo, el Al-Andalus. Este viaje marca un hito de gran importancia para Galicia y para el Camino de Santiago al tener salida de la comunidad española de la que proceden más peregrinos. Regresa el 6 de agosto.
-
Preséntanse os tres representantes de Galicia –Radio Cos, Narf e Xabier Díaz– que actuarán na maior feira mundial da música de raíz en Santiago do 19 ao 23 de outubro. A previsión é que se organicen 60 concertos e que visiten Galicia 2.500 profesionais de 90 países, o que implicará un impacto económico duns 2,5 millóns de euros.
-
Campos Conde, o presidente da Deputación lucense, avoga pola responsabilidade das administracións públicas galegas implicadas no traballo e remarca a necesidade de celebrarse esta reunión, pois a candidatura da Ribeira Sacra está bloqueada dende o verán de 2015 por diferenzas técnicas.
-
A figura do artista de Cervo José María Cao, “o galego patriarca da caricatura arxentina”, que influíu en autores como Castelao, é recoñecida en toda América Latina. Na presentación da exposición que se pode visitar na Valente ata o 8 de agosto, o alcalde de Ourense lamentou a perda do escritor Fernández Paz para a cultura galega.
-
“Andar con arte” organiza oito andainas do 30 de xullo ao 27 de agosto, con convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte. Igrexas, muíños, castros, fortalezas e vías romanas son protagonistas da cuarta edición do ciclo que percorre varios concellos galegos.
-
O grupo de Costa de Marfil actúa o martes 12 de xullo, ás 21 horas, no Salón Teatro da capital de Galicia no marco da VIII Festa Africana promovida pola onegué Égueire, que leva a cabo proxectos de desenvolvemento no país africano. Esta coral de Abidjan foi creada en 1974 onde viven unhas 220 familias.
-
Preto de 500 mozos de mozas de 11 agrupacións musicais galegas participaron no I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
-
Tamén o tren do Viño do Ribeiro - Rías Baixas realiza a primeira viaxe da nova tempada de Galicia a todo Tren que inclúe a Ruta dos Faros, do Viño das Rías Baixas e do Viño da Ribeira Sacra cunha ocupación do 100%. A oferta complétase co Galicia Rail Pass e coas propostas específicas para peregrinos e para visitar os balnearios galegos.
-
A mostra Saúde e Terra, Irmá(n)s pode verse no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela ata que finalice o mes de xullo, e conmemora o centenario da creación das Irmandades da Fala fundada o 18 de maio de 1916 na Coruña. Esta mostra abriu a súa itinerancia na Coruña e continuará nos concellos de Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol.
-
O ciclo de concertos volve do 7 de xullo ao 27 de agosto á praza central da Cidade da Cultura con actuacións todos os xoves, venres e sábados a partir das 21h. Como novidade, esta sexta edición conta con catro proxeccións audiovisuais precedidas dunha sesión DJ: Taking Woodstock, The Commitments, Sigur Rós-Heima e unha homenaxe a David Bowie.