Notas
-
Segundo destacou o conselleiro, as contas públicas do vindeiro ano reservan 1 de cada 4 euros para Educación e Cultura, o que dá conta do compromiso do Goberno galego con estas áreas. Isto permite contar cuns orzamentos que medran por primeira vez desde 2009.
-
A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu a presentación do libro “O Piloto, el último guerrillero” de Afonso Eiré, publicado por Hércules de Edicións agora en castelán. A obra é unha biografía novelada e moi documentada sobre o lucense Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, o último guerrilleiro morto en combate, fai diso 50 anos.
-
Apunta que ata setembro de 2015, o último do que se contabilizaron os datos, visitaron Galicia máis de 3,3 millóns de viaxeiros. Un 12,3% máis que o mesmo período do ano pasado; un 9,6% máis que o último Ano Xacobeo; e o maior incremento rexistrado por unha Comunidade en toda España.
-
Os voceiros do Executivo provincial presentaron o acordo de PSdeG e BNG para o goberno da Deputación de Lugo no terceiro mandato de progreso (2015-2019). Está ao acceso público de todos os cidadáns en www.deputacionlugo.gal, “nun exercicio de absoluta e total transparencia, sen precedentes”, salientaron Santos Ramos e Ferreiro Fernández.
-
A conselleira do Medio Rural e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participaron na sesión de apertura dos terceiros Job days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, organizados pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial G-NP. Esta xornada ten como obxectivo facilitar o contacto entre empresarios e profesionais do sector agroalimentario e promover a mobilidade e a colocación e contratación entre ambas rexións.
-
Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable para mellorar o coñecemento e posta en valor da paisaxe; dentro do programa Somos Paisaxe como acción de formación, sesibilización e educación do valor da paisaxe galega. Abrirase o concurso de foto A túa paisaxe do Outono.
-
O ciclo pecha cunha charla-concerto de Oscar Ibáñez trío arredor do proxecto que recupera as gravacións históricas nas que o gaiteiro interpreta a marcha do Corpus, auspiciadas en 1947 por Xosé Filgueira Valverde. No aniversario do seu nacemento tamén se presenta a obra "Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó", editada por aCentral Folque.
-
Tercer grado, ópera prima do actor e realizador catalán Geoffrey Cowper, pecha a 20ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). O filme está protagonizado por Jesús Lloveras, Frank Feys e a ourensá Sara Casanovas. Obtivo tres premios no circuíto de festivais de Estados Unidos, onde foi recibido con gran aceptación.
-
A festividade do Samaín encherá de vida as prazas da zona vella da cidade o sábado 31 de outubro. As actividades están dirixidas aos máis cativos, pero a Concellería de Cultura quere implicar tamén a toda a familia. Comezan con obradoiros de baleirado de cabazas -repartiranse un total de 700-, e rematan cunha grande festa.
-
As Xornadas ao redor do proxecto “Estaciones Vivas” destacaron o papel do patrimonio cultural na revalorización do territorio.