Notas
-
Apunta que unha das ambicións deste Goberno é apostar pola diversificación e desestacionalización do sector turístico. Destaca que o Museo fará posible algo histórico: que en Xinzo poida ser entroido todo o ano. Confirma que a localidade contará cun novo albergue de peregrinos.
-
Promociónase Galicia como destino termal nun escaparate internacional único. A Asociación Europea de Cidades Históricas e Termais é unha rede composta por 36 cidades termais de 12 países europeos que contan cun patrimonio arquitectónico singular e emblemático vinculado á presenza de augas termais.
-
Este encontro está pensado como unha charla distendida e desenfadada na que se aborda a divulgación científica desde unha perspectiva lúdica. A bióloga mariña Dolores Garabana e a bióloga pesqueira Paz Sampedro (ambas do Instituto Español Oceanográfico), e o actor Vicente Mohedano axudan ao público a despexar os segredos do mar.
-
Con estas melloras solicitadas preténdese favrecer máis ás familias e ás pequenas empresas. Salientou a aposta polo autoconsumo eléctrico do actual Goberno central, coa primeira regulación do sector, e nega que se cree un novo imposto, e insiste no mesmo trato fiscal dos consumidores.
-
A cidade acolle 41 exposicións no próximo trimestre, entre as que se atopan as do Museo Municipal, Auditorio e centros cívicos da Cuña e da Ponte. O Concello achega, dende as áreas de Xuventude e Cultura, un total de 15.500 euros.
-
Desde 2010 son máis dun cento as empresas galegas que exportan cada ano a Cuba, que brinda oportunidades de negocio en sectores nos que o tecido empresarial galego é forte, como a construción e a rehabilitación, a transformación de produtos agroalimentarios ou o turismo. Máis de vinte empresas galegas viaxan a Cuba.
-
Entregáronse todoterreos, remolques con carpas presurizadas, esparexadores de sal e furgóns para transporte e loxística. A entrega é froito dunhas axudas de máis de catro millóns, que reforzan os sistemas de emerxencias dos concellos, e un exemplo máis dos beneficios cidadáns da colaboración entre administracións públicas.
-
O conselleiro de Política Social destacou o traballo e esforzo “diario e a pé de rúa” das entidades sociais, e apostou por incrementar a colaboración para “chegar a un maior número de persoas e atendelas mellor”, e insistiu en que “o conxunto da sociedade debe sensibilizarse e fomentar a inclusión social”.
-
Goya ao mellor director con No habrá paz para los malvados, que acadou outros oito 'cabezóns', súmanse aos dous que levou La Caja 507, ambas protagonizadas polo actor José Coronado. Logo da entrega do premio proxectarase La vida mancha.
-
BalletNorte xunto co Centro Coreográfico Galego, Triatreros, a Aula de Teatro da USC, Pistacatro e BocAberta presentan as súas obras neste escenario, que se estrea como espazo do programa Tarxeta-Bono Cultura Galega. En novembro será unha das sedes de Galicia Escena PRO e Cineuropa.