Notas
-
O espazo expositivo da rúa Lepanto acolle, ata o 18 de outubro, catro exposicións de deseñadores emerxentes. A organización recupera a edición do fanzine para promocionar os novos talentos da BD da cidade. A asociación Proxecto Benito Losada organiza o certame en memoria do que fora impulsor do mesmo a finais dos anos 80 desde a Casa da Xuventude.
-
A Comisión de Turismo do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou hoxe a súa reunión constitutiva, tras as eleccións municipais, na delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, coa presenza, entre outros, do alcalde de Ávila e novo presidente do Grupo, José Luís Rivas Hernández, a directora xeral de Turespaña, Marta Blanco Quesada, e os concelleiros representantes das cidades que forman parte do Grupo.
-
O BNG pon en valor o traballo despregado no Congreso en defensa de Galiza ao longo desta lexislatura e inicia unha campaña informativa por todo o país baixo o título Galiza, a forza que nos une, para explicar o seu labor durante dúas décadas de presenza na Cámara baixa, onde Vence di que o BNG é "crucial".
-
Os concellos, convidados a sumarse á promoción do consumo de leite de calidade coa marca Galega 100%A conselleira do Medio Rural e do Mar presentoulle aos municipios este selo para que, aqueles que o desexen, se unan á súa promoción e salientou o obxectivo de sumar esforzos na promoción do lácteo e de evitar unha multiplicidade de mensaxes e marcas diferentes, polo que a Xunta deseñou unha ampliación da campaña adaptada ás entidades locais que desexen voluntariamente apoiar ao sector.
-
Genovés es uno de los pintores más reconocidos a nivel internacional y autor de la obra El abrazo, considerada la obra más representativa de la Transición política y social española. La muestra, abierta al público hasta el 10 de enero, está compuesta por 70 obras representativas de toda la carrera artística del pintor valenciano, desde los años 60 hasta la actualidad.
-
O encontro, no que participan as start-ups máis innovadoras e speakers de primeiro nivel mundial, tivo na pasada edición 7.000 asistentes de 34 nacionalidades, 3.500 emprendedores, 1.800 grandes empresas e 450 investidores. O evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo celébrase en Madrid do 7 ao 9 de outubro.
-
Paula Carballeira dirixe esta montaxe, construída a partir de catro relatos da autora italiana Adela Turín para lles dar a volta aos roles e estereotipos de xénero. O actor Artur Trillo e o acordeonista Fernando Fraga interpretan a proposta que pode verse en Santiago o sábado 3 e o domingo 4 de outubro. A montaxe está pensada para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idade, con palabra e música en directo.
-
O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago dedica unha acción específica á colaboración entre a Xunta e as entidades eclesiásticas da ruta xacobea para traballar conxuntamente na xestión de equipamentos, programas de apertura do patrimonio eclesiástico ou mellora do acompañamento e acollida ao peregrino.
-
Está aberta na Casa do Concello de Meira, ata mediados de outubro, a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.
-
Entidades e expertos achegan as súas prioridades sobre ordenación do territorio, crecemento sostible, turismo, agro ou pesca para aproveitar e fortalecer as potencialidades de Galicia para acadar un crecemento san. As suxestións incorporaranse á elaboración do Plan estratéxico 2015-2020 no terceiro e último foro de debate que se leva a cabo en Santiago.