Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • A Rede estatal Jóvenes e Inclusión que preside o catedrático en Pedagoxía Social da USC José Antonio Caride Gómez desenvolve o 8 e 9 de setembro en Santiago o I Encontro Internacional Mocidade en risco, un risco para Europa. O evento propón dar novas respostas a unha incorporación social plena da xuventude, sobre todo a que se atopa en desvantaxe social pola crise.
  • A iniciativa e é froito dun convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. O obxectivo é crear un produto turístico innovador, case inexistente no contorno rural, que poña en valor os recursos, a cultura e as tradicións desta zona turística.
  • A Comisión recomenda constituír organizacións de produtores para reforzar a súa capacidade de negociación. Xavier Vence, voceiro do BNG, encabeza a representación da formación nacionalista que participa na tractorada convocada en Lugo o xoves 3 de setembro en defensa do sector e contra a desaparición de explotacións leiteiras.
  • BNG e o Partido Comunista do Povo Galego coinciden na necesidade de que Galiza teña unha representación soberana no Congreso, a través de grupo parlamentario propio na Cámara Baixa, tras as eleccións xerais previstas para finais de ano e, neste sentido, apostan por unha candidatura unitaria galega de amplo espectro que conte coa participación de todas as forzas políticas e do conxunto da cidadanía que comparta este obxectivo.
  • A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa cultural que terá lugar os días 3, 4 e 5 de setembro no concello dos Blancos.
  • Esta é a primeira vez que un concello de Galicia realiza un espectáculo de flyboard fluvial: trátase especificamente do aparato co que se practica este novo deporte acuático, conéctase e obtense a súa potencia por medio dun jetski (moto de auga), o cal ten como función darlle a propulsión debaixo e sobre a auga para sentir a sensación de voar sobre auga.
  • O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, en colaboración coa editorial Sotelo Blanco, convocan unha nova edición do Premio 'Risco' de Creación Literaria, cuxas bases contemplan a recepción de traballos orixinais de xénero narrativo: novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc. O premio para a obra gañadora será de 6.000 euros en metálico ademais da publicación de 150 exemplares
  • O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou o ciclo Fórumáxico, co que se abre “a tempada regular de teatro e arte en vivo”. Durante os catro sábados de setembro, o Fórum Metropolitano acollerá espectáculos de maxia nos que ten cabida a comedia, o drama e o teatro, pero sempre coa maxia como protagonista. Begoña Llamosas, directora dos centros Ágora e Fórum Metropolitano, salientou que o Fórumáxico será o punto de partida dunha tempada na que haberá “novo circo, artes en vivo ou danza”.
  • O Botánico de Montealegre organiza actividades para todos os públicos coa fin de pór en valor a relación do medio ambiente coas actividades de lecer. Os obradoiros, de carácter gratuíto, queren fomentar a imaxinación dos máis pequenos e aprendenderlles a entrar en contacto coa súa contorna natural. Os dirixidos aos adultos están orientados a sacarlle o máximo partido aos produtos naturais.
  • Case 13.000 persoas visitaron na Sede Afundación da Coruña a exposición «Heroes animados», inaugurada o pasado 2 de xullo e que permanecerá aberta ata o próximo 28 de novembro. A mostra, deseñada por ILUX Visual Technologies, recolle todos os detalles do proceso de deseño e creación dos personaxes nas películas e producións de animación a partir do traballo desenvolvido polo prestixioso Grangel Studio.