Notas
-
O encontro musical celebrarase na Catedral de Tui do 7 ao 9 de agosto, mesturando artesanía e música baixo o leitmotiv #contrastes, co obxectivo de dar visibilidade á diversidade de actividades deste ámbito. Cóntase coa presenza dos artesáns Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014, e Xaneco, nun programa multidisciplinar dirixido a todos os públicos.
-
Remata xullo a ritmo do grupo Kolo e da Orquestra de Cámara Galega, e agosto entra con Is Tropical, nunha nova semana de Atardecer no Gaiás. A Cidade da Cultura acolle un ano máis á Orquestra de Cámara Galega, que protagoniza na Sala Eisenman un atardecer dedicado ao compositor Telemann, e Is Tropical presenta un potente directo con electro-pop bailable.
-
O presidente da Xunta, durante a conmemoración en Mondoñedo da declaración como Patrimonio Mundial da Unesco dos Camiños do Norte, resalta a declaración de 2016 como Ano do Camiño do Norte e Primitivo e di estar "en disposición de presentar o Plan director dos camiños este mesmo 2015, que estuda quilómetro a quilómetro as necesidades dos camiños”.
-
Trinta imaxes que transmiten unha visión artística da ciencia e a tecnoloxía conforman a mostra itinerante no claustro baixo do Colexio de Fonseca ata o 12 de setembro, logo de ser seleccionadas entre as 209 recibidas no concurso InvestigArte promovido por DivulgActiva e a USC.
-
A cidade herculina acolle do 1 ao 10 de agosto o evento, ao que o Anxo Lorenzo se referiu como “unha cita de referencia na axenda cultural de Galicia”. Presentacións e sinaturas de libros, conversas con escritores, encontros literarios, coloquios, espectáculos de maxia e contacontos centran a nova edición da feira.
-
A viceportavoz Paula Prado lembrou que desde 2004 a Comunidade autónoma leva transferidos máis de 30 millóns de euros a Compostela.
-
Estes gandeiros están integrados nas 69 Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSG) ás que lle foron concedidas estas achegas. A elas, a Consellería do Medio Rural e do Mar destina integramente máis de 2 millóns de euros. A través delas, subvenciónase a contratación dos servizos de 159 veterinarios, encargados da supervisión e execución do programa sanitario.
-
Manuel Baltar e o presidente do COB asinan o convenio para a ampliar ata 2070 o uso do pazo Paco PazO período de vixencia do convenio sexa por un prazo de 60 anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 2011 e ata o 31 de decembro de 2070.
-
Do 30 de xullo ao 13 agosto, Agolada, Vila de Cruces e Lalín acollen concursos musicais, actuacións de recoñecidos artistas e grupos, así como unha festa de aniversario do festival, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación. Odaiko actúa en Lalín o 8 de agosto.
-
O conselleiro de Cultura e Educación e o deán da Catedral de Santiago presentaron a versión galega da Credencial do peregrino e do Certificado de distancia do Camiño de Santiago, cuxa tradución e edición realizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística.