Notas
-
O xoves 2 de xullo, a Cidade da Cultura acolle a primeira das 24 actuacións que ten preparadas para gozar ao caer o sol: a da banda compostelana Puma Pumku, trala que actuarán Amatria e The Lákazans coa mellor combinación de blues, soul e rock. Os concertos no Gaiás son de balde ás 21h.
-
Trátase da proposición de Lei de financiamento dos partidos políticos que sitúa a Galicia como a primeira comunidade que adapta o seu réxime ás novas esixencias estatais. O PPdeG insiste en que “se establece un sistema de financiamento eminentemente publico” e endurece o control da normativa estatal. Prohíbense doazóns de persoas xurídicas, anónimas e físicas superiores a 50.000 euros ao ano, según informa o PPdeG.
-
O cesteiro Antonio Suárez, de Vigo, o zoqueiro Alfonso Ferro, de Vila de Cruces e o oleiro Aparicio Añón, de Malpica, falarán nas charlas “Coas mans da experiencia” dos seus máis de 40 anos de traxectoria nos seus oficios. Será no IV Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de divulgación do sector.
-
A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia quere achegar ao público galego o traballo de destacadas formacións internacionais, aplaudidas en festivais como Avignon ou Edimburgo, xunto coas últimas propostas de compañías galegas, cun amplo programa de 7 días (entre o 18 e 25 de xullo).
-
O conxunto histórico-artístico conta con máis espazo para a celebración do encontro, ao ser restauradas 8 edificacións máis nos últimos meses. A iniciativa “Artesanía no prato” achega a nova cociña galega ao sector artesán coas demostracións de catro recoñecidos chefs do Grupo Nove, que presentarán os seus menús en pezas de cerámica, madeira e téxtil.
-
Na Biblioteca Anxo Casal de Santiago de Compostela, vense de abrir ao público a exposición "Manuel Rodríguez López", sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.
-
Este San Xoán milleiros de cacharelas arderán polo país na festa do lume, con música, sardiñas, queimada... E tamén con miles de toneladas de lixo. Podemos facer a festa máis ecolóxica cunhas sinxelas medidas para non emporcar e estragar a natureza.
-
O BNG confía na responsabilidade da formación socialista para dar unha alternativa en Lugo e reitera que o 24M a cidadanía reclamou un “cambio profundo” na administración local. Di que non apoiará a imputados e que non son tempos para decisións unilaterais, senón para dialogar.
-
O Concello de Lugo elaborou un programa integrado por máis de 260 actividades durantes tres días, co fin de celebrar o Arde Lvcvs 2015, declarada Festa de Interese Turístico. Ata o 21 de xuño, apodérase de cada recuncho de Lugo "un fenómeno máxico" que transforma a cidade e a retorna a tempos ancestrais.
-
Outros catro artistas que participaron no proxecto ‘Olladas 2015’ sobre a pintora lucense ceden os seus traballos ao Museo lucense.