Notas
-
O Goberno galego destaca que, grazas ao Camiño de Santiago, poucos pobos como Galicia teñen a oportunidade de contar cunha rede de embaixadores tan ampla, estusiasta e eficaz. Incide en que, se ben todas as distincións coas que conta a Ruta Xacobea “énchenos de orgullo”, o maior galardón é a existencia desta rede universal de amigos “que, de forma altruísta e xenerosa, propuxéronse prolongar o sendeiro e facelo interminable”.
-
O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) alerta de que o peche dos centros de Lugo e O Poio deixará 70 familias sen posibilidade de acceder a un servizo educativo fundamental impedindo a conciliación da vida laboral e familiar. AGe acusa ao PP de favorecer un pelotazo bancario que supuxo a privatización dunha importante parte do patrimonio artístico, cultural e social.
-
A cidade das burgas acolle ata o domingo 7 de xuño unha mostra da produción editorial máis recente, xunto con diversas actividades para lle achegar á cidadanía o libro e a lectura. Baixo o lema A historia en letras, en homenaxe ao escritor, historiador e profesor Xosé Filgueira Valverde homenaxeado coas Letras Galegas 2015, as feiras do libro percorren Galicia.
-
El jueves, 4 de junio, comienzan los actos del IV Encuentro Eucarístico Lucense, que está organizado por el LEC (Centro Eucarístico Lucense) y que se desarrollarán hasta el día 14.
-
O portavoz popular sinalou que estas persoas, “que nun momento determinado poden entender que a vía máis democrática para avanzar é incumprir a lei, se decatarán de que iso é o máis antidemocrático”.
-
Do 25 ao 28 de xuño, o festival viaxa por vez primeira ata a capital de Galicia con exposicións de artes plásticas e visuais, actividades de artes escénicas, cine, conferencias e experiencias formativas. A Cidade da Cultura, principal escenario dunha cita na que participan persoas con discapacidades, en risco de exclusión social e inmigrantes.
-
Agadic apoia a celebración da décimo quinta edición do festival de cultura urbana Arnette O Marisquiño’ que se desenvolve en Vigo entre os próximos días 7 e 9 de agosto, na que se dan cita milleiros de afeccionados e profesionais das distintas disciplinas deportivas, que gozan tamén das diversas propostas culturais, sobre todo concertos musicais, deste evento.
-
No acto de entrega do premio a Eva Veiga pola obra "Soño e vértice", tamén se presentou o libro coa obra galardoada na edición de 2014, "O que precede a caída é branco", de Oriana Méndez. O certame conta coa colaboración das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e busca favorecer a escrita literaria en lingua galega
-
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou este evento que se celebra en Santiago entre os días 4 e 6 de xuño e salientou o recoñecemento ao labor que realizan os amigos do Camiño que “conforman un dos piares básicos no impulso das peregrinacións a Santiago”. Os participantes nesta xuntanza proceden de 28 países distintos dos cinco continentes. De maneira paralela ao encontro, Compostela acollerá, dende o 4 ao 12 de xuño, a exposición ‘Amigos do Camiño: Hospitalidade, investigación e difusión’.
-
Na contorna termal das Burgas, onde tivo lugar o acto de presentación, o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar destacou "o impacto mediático e de promoción turística que ten para a provincia o Rally Ourense Termal, polo que supón de dinamización dos concellos polos que discorre a proba, integrados nesa Ribeira Sacra que loita pola distinción de Patrimonio da Humanidade".