Notas
-
O presidente da Deputación de Ourense participou xunto ao novo alcalde da capital, Jesús Vázquez, no acto no que Deputación e Concello de Ourense amosan o seu compromiso para que o club estea na vindeira tempada na elite do baloncesto europeo.
-
La exposición, con poemas de Manuel Guisande y fotos de Antonio Amboade, consta de casi una veintena de fotografías sobre las líneas de las carreteras en las que Guisande hace una particular interpretación desenfada «sobre lo que nos quieren decir y que no entendemos», según el artista.
-
Ordenar o uso público do enclave e garantir o seu coidado son os principais obxectivos do Plan de conservación da praia das Catedrais que, logo da gran afluencia de visitantes rexistrada no verán de 2014, permite 4.812 visitas diarias entre xullo e setembro. A autorización pode conseguirse 15 días antes na web http://ascatedrais.xunta.es.
-
As dúas entidades asumen o compromiso para o establecemento de iniciativas que reforcen a acción cultural que se desenvolve en Galicia, conxugando o encontro profesional coa presentación, promoción e venda de bens e servizos culturais. Pretenden atender, deste xeito, ao fomento da demanda de produtos culturais na sociedade galega.
-
Baixo o lema “30 ANOS DE HISTORIA” tivo lugar no Pazo Provincial a presentación da XXX Xuntanza Internacional de Gaiteiros, evento que se desenvolverá o vindeiro fin de semana en Monterrei.
-
Gómez Besteiro e Javier Bueno mantiveron unha xuntanza de seguimento do Plan de Choque, xustamente cando se cumpre 1 ano da toma de posesión do equipo de goberno da USC, así como da posta en marcha desta programación en impulso do Campus lugués.
-
Uxía e Fran Pérez -Narf- abren esta serie de actuacións o 10 de xuño coa presentación de As baladas da Galiza imaxinaria, o seu primeiro disco conxunto. O xoves 11 de xuño é a quenda de Roberto Sobrado, quen estrea en directo os temas de Atlas de anatomía xunto a varios integrantes dos Resentidos e outros convidados. O venres, Carmen Boza fai escala en Santiago na xira estatal.
-
Xavier Vence reta a Feijóo a rectificar, tras os resultados electorais nos que a cidadanía “castigou severamente” as políticas de recortes do Partido popular.
-
O DOG publica a aprobación do seu regulamento e o do seu Consello Regulador, trala súa inscrición no rexistro europeo de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.
-
A primeira reunión internacional en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño, que se desenvolve en Santiago de Compostela, introduce o fenómeno da globalidade no estudo do fenómeno xacobeo. Trátase dunha cita que quere agradecer o traballo desinteresado destes colectivos.