Notas
-
A case dous anos da traxedia ferroviaria de Angrois, acontecida o 24 de xullo de 2013 en Santiago de Compostela, e coincidindo coa información de que a aseguradora de Renfe deposita 6.5 millóns, AGE denuncia que os gobernos do Partido Popular seguen a ocultar información sobre o acontecido e néganse a investigar as responsabilidades políticas no accidente.
-
O deputado Antón Sánchez considera que “a violación do dereito constitucional á vivenda non se soluciona con medidas propagandísticas como as de Feijóo”. A proposta que defende AGE sitúase no esteiro da maioría de países europeos. Critican as medidas presentadas polo titular da Xunta e as califican de "propagandísticas".
-
O I Congreso Internacional da Auga, na procura dun avance sostible do sector nas vindeiras xeraciónsOurense recibe este simposio co alcume de Capital Termal, e pretende vencellar a súa celebración a suma de sinerxias entre institucións públicas e empresas privadas, ligadas neste caso ao encontro da feira Termatalia, e “para conseguir os máis altos estándares de calidade de vida que nos ofreza o termalismo en Ourense”.
-
Yolanda Díaz: “Estas cifras impostas polo PP son inxustas, e baséanse en sacrificar ás comunidades, para que se vexan na obriga de perpetuar o austericidio no gasto social, baseado en recortes en servizos públicos tan necesarios como a educación ou a sanidade”.
-
Impulsaranse os camiños Primitivo e do Norte logo de que fosen declarados pola Unesco Patrimonio Mundial da Humanidade. O fin é reforzar a rede de albergues, mellorar os servizos aos peregrinos, acondicionar o estado das rutas e impulsar a promoción.
-
A conselleira de Traballo e Benestar, ante responsables europeos en Lisboa onde participou nunha mesa redonda da sesión plenaria da 23 Conferencia europea, destacou 5 fitos: a coordinación sociosanitaria, o novo modelo de carteiras, a inclusión activa, as novas tecnoloxías, e a loita contra a crise demográfica.
-
Rosana Pérez critica a negativa do PP ao traspaso da AP-9, “deixando claro que antepón os intereses de AUDASA por riba dos da cidadanía galega”.
-
La Diócesis de Lugo manifiesta públicamente su alegría por el reconocimiento del valor cultural del Camino y de la Catedral lucense, de este fenómeno propiamente cristiano, que es la peregrinación jacobea, de tan hondas raíces en la Diócesis lucense. El 9 de julio la Catedral acoge una celebración especial.
-
Entre o 24 e o 26 de xullo reúnense na Illa de San Simón, por primeira vez en Galicia, artistas de catro continentes arredor do XIII Festival Sinsal Son Estrella Galicia. Caracterizado por unha proposta musical alternativa, o Sinsal “é un evento singular que vai máis alá dun festival ao uso, para ofrecer todo un acontecemento comunitario”.
-
O IV Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado por Economía e Industria, atrae cada ano a máis público ao conxunto dos Pendellos. A iniciativa permitiu abrir novas oportunidades de negocio para os 50 artesáns e as máis de 40 empresas do sector agroalimentario participantes. A empresa HP France, cuxo xefe de vendas visitou a feira, distribuirá pezas de Artesanía de Galicia nas súas tendas en Xapón, Estados Unidos e Francia.