Notas
-
A artista coruñesa Teresa Búa Samba acadou o primeiro premio na XIII edición do Certame de Artes Plásticas que convoca a Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos coa súa curtametraxe "Jeada".
-
Ata o 20 de agosto, o Castelo de Monterrei acollerá conferencias, visitas guiadas teatralizadas, actuacións musicais, unha gala de circo e mesmo actividades gastronómicas. As actividades lúdico-culturais realízanse logo das obras de rehabilitación do conxunto arquitectónico galego para a recuperación con usos culturais e turísticos.
-
A Axencia Galega de Infraestruturas realizou un estudo do que se conclúe que a situación do enlace de Coristanco é o adecuado, polo que finalmente se mantén no lugar previsto dende o inicio.
-
Dotado con 10 millóns de euros, esta iniciativa no marco da Axenda Dixital 2020, permitirá modernizar as infraestruturas tecnolóxicas do turismo de Galicia; aproveitar as tecnoloxías para a promoción, a comercialización e a fidelización dos viaxeiros; fomentar a innovación no sector; e potenciar os Camiños de Santiago como atractivo primordial.
-
Un total de 12 concellos galegos acollen ata finais de xullo as dúas propostas de dinamización lingüística incluídas na cuarta edición do programa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Os Bolechas, na máquina do tempo chega a varios concellos no marco do programa "FalaRedes".
-
Que ningún galego quede excluído do progreso tecnolóxico é o principal obxectivo da Axenda Dixital 2020 presentada polo titular da Xunta diante dos empresarios na Semana Dixital durante a que se presentarán diversas estratexias que mobilizarán 1.500 millóns de euros nun investimento de futuro.
-
O portavoz popular Pedro Puy cualificou a norma como “novidosa, con avances na prevención da corrupción e que reforza a independencia e o papel institucional deste órgano”. “Non se deben poñer en cuestión dúas cousas: a capacidade de traballo do persoal e a independencia do Consello de Contas”, sinalou.
-
O evento, que se celebra os días 25 e 26 de xullo en Cabeza de Manzaneda, foi presentado na Deputación de Ourense e vense organizando desde 1991. O 25 de xullo celébrase tamén a Noite Celta.
-
O portavoz parlamentario do BNG cualificou de “cambalache” o pacto PP-PSOE “cociñado” de costas á Cámara para a renovación dos órganos estatutarios e a renovación do consello da CRTVG. “Mostra un xeito de entender a política que degrada a democracia e que cada vez censura con máis forza a sociedade” galega.
-
O Consello da Xunta aprobou hoxe o anteproxecto de Lei do solo, que será remitido ao Consello Económico e Social como paso previo ao inicio do trámite parlamentario. Incorpora oito de cada dez alegacións que se fixeron ao texto inicial e garante o aproveitamento do rural de forma compatible coa preservación dos seus valores.