Notas
-
O portavoz do Grupo Popular convidou a PSOE e BNG, se ao final chegan a un acordo para gobernar a Diputación de A Coruña, a que cando rematen o mandato poidan render un balance semellante ao 89% dos acordos adoptados por unanimidade na etapa de goberno do PPdeG. o BNG confía nun programa marco co PSdeG.
-
Valórase unha manifestación encabezada por persoas sen adscrición partidaria seguida das organizacións políticas e sociais.
-
O titular da Xunta, acompañado pola ministra de Fomento, Ana Pastor, presidiu o acto de inauguración da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro. • Destaca o compromiso do Goberno central coas infraestruturas galegas e asegura que esta colaboración permitirá poñer en marcha o antes posible un sistema de billete combinado bus+tren que facilite o acceso aos aeroportos galegos desde calquera cidade de Galicia.
-
As novidades editoriais comparten escenario con diversas actividades para lles achegar a todos os públicos o libro e a lectura. Máis de 50 escritores e profesionais do mundo do libro participan con sinaturas e presentacións de libros, coloquios e recitais poéticos ata o 12 de xullo neste evento cultural de referencia.
-
O Goberno galego aproba o calendario laboral do ano 2016 que inclúe como festivos autonómicos o 17 de maio (Día das Letras Galegas) e o 24 de xuño (San Xoán), en cimpensación dos dous festivos que coinciden en domingo: o 1 de maio e o 25 de decembro.
-
A cesteira Idoia Cuesta, de Outeiro de Rei; o oleiro Elías González, de Gundivós; ou Lucía Catuxo, de Trabada son algúns dos artesáns lucenses que participarán nesta iniciativa, na que tamén estarán presentes Granxa Maruxa, de Monterroso; Cafés Primordiale, de Vilalba; ou Secretos de Galicia, de Lugo.
-
Os circuítos galegos de teatros e auditorios, de música ao vivo e de salas inician hoxe o segundo semestre de programación, durante o que ofrecerán un total de 402 funcións escénicas e musicais en 44 municipios. As redes de Agadic confórmanse como as principais canles para a distribución dos espectáculos producidos profesionalmente.
-
O Goberno galego destaca que a aposta polas celebracións tradicionais que xeran experiencias únicas no destino ocupa un lugar moi relevante na súa política turística. A Xunta e Concello veñen de asinar un convenio de colaboración para o apoio á celebración dunha nova edición desta Festa de Interese Turístico Internacional.
-
O xurado desta XXXI edición decantouse polo traballo da coruñesa Eva Veiga Torre.
-
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o tenente de alcalde de Agolada, Héctor Martínez, presentaron a cuarta edición deste encontro organizado por Economía e Industria que se ten consolidado xa como un referente anual do sector.