Notas
-
A Deputación de Ourense e o Concello de A Veiga presentaron a Trevinca como destino turístico Starlight converténdose nun dos catorce destinos no mundo e o único en Galicia que conta con esta certificación. A presentación tivo lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense. No acto participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde do Concello de A Veiga, Juan Anta e os asesores astronómicos, Óscar Blanco e Pablo Canedo.
-
O escritor e xornalista Ramón Chao (Vilalba, 1935) recibirá o vindeiro venres, unha homenaxe popular na súa vila natal, como recoñecemento á súa traxectoria vital e profesional. O acto comezará no Paseo dos Soños da capital chairega ás 12 horas coa recepción que lle farán amigos e vecinos no Muíño do Rañego, onde se celebrará unha mesa redonda na que intervirán os representantes das entidades promotoras. O evento, que será conducido polo xornalista Xulio Xiz, conta coa colaboración do Concello de Vilalba.
-
A proba popular por excelencia do trazado coruñés abre o seu prazo de inscrición. O vindeiro 11 de outubro terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis célebre das carreiras da cidade e que este ano celebrará a súa novena edición cun novo circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, polo Paseo Marítimo coruñés. A proba atópase integrada entre as carreiras que conforman o III Circuíto de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña.
-
O Concello de Muíños e a Asociación de Desenvolvemento Sostible Sustinea, organizan o Campo de Traballo “Aldea de Salgueiro-Parque Natural do Xurés”, que reunirá a 25 persoas provintes de Rusia, Italia, Francia, Xapón e España. Dende o 21 ao 30 de agosto, terá lugar o Campo de Traballo “Aldea de Salgueiro-Parque Natural do Xurés”, organizado dende o Concello de Muíños e Sustinea en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
-
O escritor e xornalista Ramón Chao (Vilalba, 1935) recibirá o vindeiro 28 de agosto unha homenaxe popular na súa vila natal, como recoñecemento á súa traxectoria vital e profesional. O acto terá lugar no Paseo dos Soños da capital chairega, comezando ás 12 horas coa recepción que lle farán amigos e vecinos no Muíño do Rañego, onde se celebrará unha mesa redonda na que intervirán os representantes das entidades organizadoras.
-
Case 5000 persoas visitaron xa na Sede Afundación na Coruña «Exposyfy». A exposición, que reúne unha selección de pezas orixinais dalgúns dos títulos máis representativos da historia máis recente do cine fantástico e de ciencia ficción, foi levada a cabo pola canle Syfy e Propside.com. «Exposyfy» permanecerá aberta ata o 29 de agosto e pode visitarse en horario de luns a venres de 17.00 a 21.00 h e os sábados e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.
-
A décima edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo, que organiza a asociación EoClásica, ofrece cinco concertos dende mañá, xoves, ata o vindeiro luns. Foi presentado hoxe no salón de plenos municipal, acto no que participaron a alcaldesa en funcións, Ana Martínez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, xunto co director do festival, Leopoldo Erice.
-
Todo listo en Castelo para o inicio das festas do San Ramón, que esta parroquia cullerdense celebra como cada ano unha programación que combina a tradición con actividades diferentes e orixinais. O pasado ano naceu a iniciativa do Castelo Conta, un espectáculo de monólogos nos que estiveron algunhas das primeiras espadas da comedia en Galicia.
-
A Irmandade Avelino Pousa, a Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos entregarán este xoves 20, no III cabodano da morte de Avelino o seu “Caxato” á Parroquia de Santa María de Arzúa. O Concello de Teo será o lugar no que comezarán os actos de lembranza. O alcalde e a concelleira de Cultura recibirán aos asistentes que este ano outorgan o “Caxato” á parroquia de Santa María de Arzúa como proxecto de construción social.
-
Entre os 25 filmes seleccionados para esta vixésimo segunda edición do certame, atópanse algunhas das produccións máis premiadas dos últimos anos como “Gravity”, gañadora de sete Oscar en 2014, “Lo imposible”, gañadora de cinco premios Goya en 2013, ou “La Dama de Hierro”, interpretada por Maryl Streep, gañadora con este traballo dos premios Oscar, Globo de Ouro e Bafta á mellor actriz.