Notas
-
O conselleiro de Cultura e Educación agradeceu en Arxentina este recoñecemento, que é boa proba da relevancia, talento e profesionalidade do sector galego editorial e do libro. O convite a Santiago de Compostela para participar na edición de 2016 da feira supón unha gran oportunidade para a difusión da obra das autoras e autores galegos e das editoriais.
-
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na reunión que tivo lugar en Santiago. A Unión Europea aumentou nese período a porcentaxe de fondos dedicados á cooperación interrexional.
-
As películas galegas As altas presións, de Matriuska Producións, A Esmorga, de Via Láctea, Maimiño, de Ficción Producciones e A cambio de nada, coproducida por ZircoZine, inician o 8 de maio a súa distribución nos cines españois, o que suporá a coincidencia nas carteleiras comerciais de catro títulos con produción galega de moi diversos xéneros.
-
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria invita aos escolares da provincia de Lugo a participar no Certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas, destinado a escolares de ata 16 anos e que organiza a Biblioteca Nodal en coordinación con máis dunha vintena de bibliotecas públicas da provincia.
-
O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, ao amparo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, asinaron na Casa do Concello de Tui o memorando de entendemento entre as dúas entidades municipais para a interconexión dos seus rexistros municipais.
-
O ciclo Nexos da Cidade da Cultura celebra unha sesión especial na que compartir un charla-entrevista coa autora de "Las viudas de los jueves", a escritora Claudia Piñeiro, considerada a raíña do thriller. Nexos convida… celébrase o venres 22 de maio na Sala Eisenman e, aínda que a entrada é de balde, é preciso inscribirse en www.cidadedacultura.gal.
-
A Deputación de Ourense co-organiza o evento xunto coa Escudería HCC-Competición e o Concello da Gudiña e co apoio da Federación Galega de Automobilismo.
-
A Deputación de Lugo colabora coa campaña Os tapóns das vida e coidan do medioambiente, encargándose de parte da recollida dos tapóns cos medios do Parque Móbil.
-
La galería de arte Montenegro inaugura una exposición en la capital de Galicia dedicada a la obra de los más importantes artistas gallegos del S. XX., entre ellos Díaz Pardo, Granell o Lugrís. La muestra “Galegos irrepetibles”, estará abierta al público hasta el 10 de Mayo y es la primera vez que la galería expone en la sede de Afundación en Santiago de Compostela.
-
O Concello de Mondoñedo publica as bases para a convocatoria do XVI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores e o IV Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.