Notas
-
A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Eva Solla acusa a Mosquera de ser a “colaboradora imprescindíbel” para a liquidación do público e esixe a súa dimisión.
-
A Xunta comprométese a seguir fortalecendo os sectores produtivos “clave” para a economía de GaliciaSe ben recoñece que aínda queda moito por facer, o titular da Xunta resalta os datos da EPA e incide en que Galicia está no camiño axeitado para reducir o paro e crear emprego. No sector lácteo di que seguirá traballando para acabar coas prácticas abusivas comerciais, e no forestal buscará garantías do emprego e ambientais.
-
Entre los días 29 de abril y 20 de mayo de 2015, la Delegación de Manos Unidas de la diócesis de Lugo vuelve a instalar su tradicional “Rastrillo” en la ciudad de Lugo como ha venido haciendo ininterrumpidamente desde hace años.
-
A exposición ten unha versión ampliada que xa se pode visitar no Museo de Pontevedra e dúas itinerantes que percorrerán Galicia durante este ano 2015 en que se lle adica o Día das Letras Galegas. A exposición revisa cronoloxicamente a súa vida e fai un estudo monográfico da obra.
-
A Academia Galega do Audiovisual e a Acadèmia del Cinema Català organizan este ciclo, que se desenvolve ata o xoves 30 de abril coas proxeccións das longas El niño, Gabor e Descalç sobre la terra vermella, ademáis da curtametraxe El corredor.
-
Ata 50 locais da cidade ofrecen as súas mellores propostas gastronómicas en pequeno formato. O lugar elixido para a presentación é o Tapa Negra, local gañador do último concurso, que participa co pincho Traspés. O público pode votar polos seus pinchos favoritos e optar a gañar premios, este ano tamén a través dunha app.
-
Trátase dunha primeira coprodución entre os teatros públicos de Galicia e Cataluña, dirixida polo galego Dani Salgado, quen comparte con Joan Giralt a interpretación e a dramaturxia a partir de textos poéticos de Alfonso Pexegueiro e Narcís Comadira, así como de referencias á filmografía de Jean-Luc Godard.
-
Nobuyuki Ikeda trasladoulle a Nava Castro o seu interese por asinar un convenio de colaboración co obxecto de afondar no proceso de desenvolvemento e consolidación de promoción do Camiño de Santiago e traballar conxuntamente nas dúas rutas de peregrinación que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
-
Este ano 2015, é a XXV edición da Romaría Labrega da Chaira, que se iniciou xusto no ano do pasamento de Xosé María Díaz Castro, contando coa súa presenza e a do seu amigo e poeta Manuel María. Xusto ahí e coincidindo coa exposición de fotos antigas desa primeira edición, foi Manuel María quen encomendou á moza Pastora Veres converter aquel traballo nunha publicación e que hoxe senten convertido, 25 anos despois, no proxecto multidisciplinar OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.
-
De esta nova entrega de Dédalus en Compostela editáronse mil exemplares, unha obra que viu a luz por primeira vez en 1929, na revista Nós, e que foi posteriormente reeditada en 1961 pola editorial Galaxia.