Notas
-
O delegado territorial da Xunta en Ourense participou no acto de presentación da memoria de actividades do recinto que acolleu dez feiras e unha vintena de eventos que contaron con máis de 128.000 visitantes e 855 expositores de 30 países. Foron 3 as feiras internacionais que marcaron o calendario o pasado ano: Xantar, Funergal e Termatalia, que tivo lugar por segunda vez en América.
-
A montaxe, que se estreará no prazo de dous meses dirixida por Juan Miguel Hernández, está inspirada na obra dos autores do Rexurdimento e conta con música orixinal de Ismael Berdei e espazo audiovisual de Pixel Films. BalletNorte, con sede na Coruña e da que é titular Paloma Pérez-Colomer, está formada por profesionais que proveñen doutras compañías, entre elas o Centro Coreográfico Galego.
-
As Feiras do Libro de Galicia, promovidas pola Federación de Librarías e a Xunta, están en Ferrol entre o 22 e o 26 de abril. Neste tempo, a cidade ferrolá celebra a vixésimo sexta edición desta Festa da Lectura, do Libro e da Palabra. O programa das “Festiletras 2015” arrancará o domingo 10 de maio cunha ofrenda floral e pregón a cargo de Víctor Freixanes.
-
El artista multidisciplinar e infografista Jaime Serra, reconocido por laS Society for News Design como el profesional del sector más influyente del mundo en el periodo 1992-2012, exhibe hasta el 4 de octubre en el MAC de A Coruña su muestra una compilación de diez historias cotidianas contadas con infografías.
-
De abril a setembro, a igrexa pontevedresa de San Martiño, en Covelo, acolle seis concertos co apoio da Consellería de Cultura e Educación, entre eles, da Orquestra de Cámara Galega, de Vox Stellae e do Grupo Instrumental Siglo XX. O programa musical arranca o 25 de abril coa música europea e latinoamericana dos séculos XVI e XVII a cargo de Luz y Norte.
-
O profesor James Buckley, especialista en planificación urbana do MIT (Boston-Estados Unidos), visita a USC entre o 17 e o 21 de abril, nunha viaxe financiada pola Fundación Fulbraight. Ademáis de varios encontros de investigación ofrece seminarios sobre planificación urbana e rural en San Francisco.
-
Se registraron 129 pacientes en el sistema Vixía en los diez primeros días de abril, que se suman a los 1.137 tratamientos autorizados antes de la entrada en vigor del Plan.
-
Durante o acto de protesta ante unha figurada Angela Merkel, Barack Obama e Mariano Rajoy, o BNG criticou o Tratado de Libre Comercio e Investimentos UE-EEUU (TTIP) polo que califica de consecuencias "devastadoras" para o emprego, a saúde e os servizos públicos.
-
O I Congreso Internacional de Baterías Metal-Aire -Mabic- aborda as posibilidades que ofrecen as novas baterías no impulso das redes eléctricas intelixentes e no fomento do vehículo eléctrico, “retos tecnolóxicos” que Galicia está a atender no marco da Estratexia de Especialización Intelixente.
-
Francisco Cacharro mantivo unha fonda amizade co fundador do Orfeón, José Castiñeira Pardo, e durante a súa presidencia na Deputación Provincial protexeu a Escolanía José Castiñeira e apoiou de xeito decidido ao Orfeón.