Notas
-
O portavoz popular criticou que o PSOE “non se teña pronunciado do que pensa facer ao día seguinte das eleccións”, en contraste coa estabilidade e o coñecemento do programa que vai aplicar o PP”. Avanza que o PPdeG redobrará esforzos nestes últimos días de campaña electoral porque “temos opcións serias de manter o goberno na maioría das cidades”.
-
A filmoteca galega programa unha selección de títulos desta creadora francesa, Claire Simon, homenaxeada na última edición do Festival Play-Doc de Tui. Abre este ciclo especial na filmoteca galega (CGAI) a película Les patients, que recolle o seguemento da cineasta a un médico de familia a piques de xubilarse na súa consulta dunha pequena cidade de provincias.
-
A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, cualificou a Xosé Filgueira Valverde como un dos intelectuais galegos máis destacados e como un grande promotor de actividades culturais en todos os campos posibles, o que lle permitiu “deixar un gran legado que nos permite entender mellor o mundo e a cultura da que provimos”. A Egap incluiu na homenaxe unha viaxe cultural.
-
O conselleiro de Economía e Industria participou na clausura da feira náutico-pesqueira que reúne a estaleiros, armadores, pescadores, comerciantes e institucións. Sinala o papel do encontro, que celebra a súa décimo sexta edición, na transferencia das últimas innovacións ao mercado. Subliña que Expomar permite “asomarnos ao futuro da pesca” e sinala o papel que neste terán os centros tecnolóxicos ou o CIS Galicia.
-
Xornadas de portas abertas, exposicións, obradoiros, actuacións musicais e visitas teatralizadas centran as actividades do programa deseñado desde a Xunta para conmemorar esta data nos centros autonómicos das catro provincias galegas, e que se poden consultar na Axenda de Cultura de Galicia, en cultura.gal.
-
A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o feito de potenciar o turismo de golf consolida a nosa comunidade como un destino experiencial que enriquece a oferta turística e contribúe á captación de novos segmentos, combinables con outros atractivos como o termalismo e enograstronomía.
-
Na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso vaise abrir ao público o mércores 13 de maio, ás cinco da tarde, a exposición Manuel Rodríguez López sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.
-
A primeira destas propostas é unha comedia para público familiar ideada por Artur Trillo sobre a historia dunha familia de meigas, mentres que a segunda se presenta como un “comidrama” escrito e dirixido por Cándido Pazó. Represéntanse as dúas no Salón Teatro entre o xoves 14 e o domingo 17 de maio, en sesións de 18 e 20:30h.
-
O recital de Vaudí, que pon ritmo brasileiro ás cancións do cantautor español Víctor Manuel, forma parte do ciclo Sons da diversidade promovido desde o Concello de Santiago de Compostela no Salón Teatro da capital galega. Vaudí e a súa banda interpretan os éxitos máis coñecidos do cantautor asturiano versionados en clave de bossa, jazz ou música popular do Brasil.
-
Especialistas de ambos os territorios, as poetas Yolanda Castaño, Eva Veiga, Alba Cid e Maria João Cantinho, xunto cos músicos Xoán Curiel e Sérgio Tannus, participan en Portugal-Galicia: Escenarios para un encontro. A estrea da versión lusa de Saxo tenor abre no Teatro D. María II a semana das Letras.