Notas
-
A Xunta aproba a Estratexia de Discapacidade 2015-2020, que consigna 800 M€ para afondar na atención social, laboral e sanitaria das persoas con discapacidade. O documento busca incidir sobre seis eixos: a accesibilidade, a autonomía persoal, a educación en igualdade, a empregabilidade, a asistencia sanitaria e os servizos sociais públicos.
-
Abreuse ao público na Biblioteca Provincial de Pontevedra “Antonio Odriozola” (Alfonso XIII, 3) a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.
-
A titular de Medio Rural informounos sobre os principais contidos e liñas xerais dos orzamentos para 2016, que presentou onte no Parlamento galego. Mantivo un primeiro contacto cos máximos responsables de Asaja-Galicia, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego (SLG).
-
Os clientes decidirán que petiscos son os seus preferidos, votando cos pousavaos nas urnas situadas nos establecementos participantes e, a través da interacción nas redes sociais Twitter e Facebook, os internautas poderán optar a ser parte do xurado do concurso. O Santiago(é)Tapas vivirá unha presentación moi especial no vagón comedor do Alvia e "Tapas de Cine" conecta con Cineuropa.
-
Como cada primeiro xoves de mes, a cita será no Teatro Principal ás 20.30 h. O Auditorio Municipal acolle os espectáculo 'Una noche con Quique San Francisco', o venres 6, e 'Un día en la ópera', o sábado 7.
-
Tras “Camiño” (1968 y 1991) y “Vía Crucis” (2006) editados por Ediciones Rialp, y “Santo Rosario” (2013) editado por Follas Novas Edicións, se ha publicado este libro, también de la mano de esta editorial.
-
O rexedor compostelán explicou que o Concello procurará espazos de colaboración que teñan que ver coa dimensión turística e cultural da Semana Santa. Nese sentido, Martiño Noriega anunciou que se manterán novos encontros para perfilar, ou mesmo ampliar, esa posible cooperación.
-
Campos Conde mantivo o seu primeiro encontro con Juan Manuel Viaño Rey e Javier Bueno Lema, no que acordaron continuar co Plan de Choque en impulso do Campus de Lugo o vindeiro ano con 350.000 euros da Deputación. Ambas as dúas institucións estudan intensificar as súas vías de cooperación para o vindeiro ano 2016.
-
Os dereitos humanos centran a exposición "Arte e solidariedade" do polifacético artista Siro López que o xoves 5 de novembro se inaugura ás 12.00 horas no Colexio de Fonseca organizada por Manos Unidas coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
-
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade confirma que o resultado da segunda analítica feita ao paciente con sospeita de estar infectado polo virus do Ébola é negativo e desactiva o protocolo especial de actuación no hospital de refrencia para el tratamiento del virus en Galicia, o Meixoseiro de Vigo.