Notas
-
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, manteñen unha reunión coas confrarías de Ferrol. O Goberno galego encargarase de cubrir os gastos da promoción turística, como xa fixo nos convenios dos dous últimos anos coa Semana Santa ferrolá.
-
Bicándose pola diversidade é a serie de vídeos que Callón e Jorquera estrean na campaña de NÓS-Candidatura Galega nas redes sociais. O hastag #ParavideosNÓS agrupa 9 curtas que optan polo estilo desenfadado e polo humor para explicar propostas do programa de NÓS.
-
Estudantes internacionais informan ao futuro estudantado sobre a gastronomía, a economía e a vida universitaria nos seus países de orixe de continentes como África, Europa, América e Asia que estudan na USC. A Facultade de Xeografía e Historia converteuse nunha feira internacional bautizada como International Day.
-
O titular da Xunta interveu no acto de Presentación da Guía Michelin España-Portugal 2016 e subliña que boa parte da despensa dos grandes chefs está en Galicia que destaca especialmente no ámbito culinario. Aposta porque a marca Galicia Calidade sexa un dos nosos principais sinais de identidade internacional.
-
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT), que contou cunha baixa afluencia de membros debido á situación de alerta que vive Bruxelas. Os representantes rexionais e locais aprobaron o programa de traballo para 2016.
-
Nunha visita a dúas explotacións leiteiras en Vilalba (Lugo), Ángeles Vázquez explicou que o obxectivo desta iniciativa, á que agarda que se sumen todos os axentes da cadea de valor do leite, é facer un seguimento puntual e exhaustivo dos seus principais indicadores.
-
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a compañía Nova Galega de Danza asinaron un contrato de contido artístico para a coprodución e distribución posterior de Son, un espectáculo que abordará a danza tradicional galega desde un punto de vista actual. A compañía recibirá un total de 49.005 euros entre 2015 e 2016.
-
O galardón entrégase ao cineasta mexicano Ripstein o xoves 19 de novembro no Teatro Principal, logo do que se proxecta a película Profundo Carmesí, película dirixida por Ripstein en 1996. Á parte do premiado, contarase coa presenza de Marisa Paredes, unha das actrices do filme. Ripstein foi recibido na Casa do Concello polo alcalde de Compostela.
-
Co apoio das achegas comunitarias do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), os principais obxectivos deste programa son fomentar a competitividade da agricultura galega, promover a xestión sostible dos recursos naturais e a loita contra o cambio climático e mellorar a calidade de vida da poboación rural.
-
A deputada do BNG, Ana Pontón, salientou que a AP-9 e AP-53 manteñen os prezos máis elevados do Estado e cun peor servizo, polo que pregunta ao Goberno central pola calidade dos servizos, a perda de emprego e a posible rebaixa das peaxes das autoestradas galegas que, na súa opinión, mantén unhas peaxes "abusivas".