Notas
-
Na Casa da Cultura de Begonte están expostos os cadros presentados á edición XXVI do Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán”, convocado polo centro cultural do mesmo nome.
-
O proxecto de Lei do patrimonio cultural substitúe e unifica tres textos lexislativos: o de Patrimonio cultural de 1995, o de Protección dos Camiños de Santiago de 1996 e o de Traballos de dotación artística nas obras públicas e nos Camiños de Santiago de 1991. Tramítase "con achegas de máis de 60 entidades" galegas.
-
Presentouse a XLVIII Feira do Cocido de Lalín cun programa que reúne máis de medio centenar de actividades nas que se aposta pola participación, a colaboración cidadá, a diversidade e a solidariedade. A feira arranca o 31 de xaneiro co coñecido como Xantar Solidario e estrea unha nova web: feiradococido.lalin.gal
-
Cantos na Maré 2016, que se celebra en Pontevedra, é unha nova ocasión para “gozar dun encontro coa música dos países lusófonos e saborear a súa variedade e riqueza”, en palabras de Uxía Senlle. Destacouse o valor engadido da lingua galega que permite relacionármonos cun potencial de 250 millóns de persoas no mundo lusófono.
-
Miguel Ínsua, Sara Casasnovas e Luma Gómez interpretan esta historia, ambientada na cidade herculina da posguerra e na que dous marxinados, un profesor represaliado e unha prostituta, que se esforzarán por atopar xuntos a felicidade. O espectáculo arranca no Teatro Rosalía de Castro da Coruña coa axuda de Agadic á produción escénica en Galicia.
-
Clausurou en Santiago este foro de innovación remarcando que os servizos públicos tradicionais “deben mudar en favor da imediatez e da sinxeleza a prol dos cidadáns, para que cada persoa leve no peto, no seu dispositivo móbil, a posibilidade de facer calquera tipo de xestión administrativa”.
-
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asiste no Círculo das Artes de Lugo á cea de irmandade promovida por ASPNAIS con motivo do 50 aniversario da súa fundación.
-
Responsables políticos do Bloque no Parlamento, en Bruxelas, e nos concellos afectados manteñen un encontro coa frota afectada e amosan o seu apoio ás demandas dos mariñeiros da frota do cerco que manteñen un encerro reivindicativo nas dependencias do Concello de Bueu para reclamar un reparto xusto das cotas de pesca.
-
O Observatorio Económico Ourensán resalta que a relación de afiliados sobre pensionistas leva dous anos mellorando grazas á creación de emprego. O informe presentado reflicte que a área metropolitana de Ourense, cun 41% máis de afiliados que de pensionistas, está en mellor situación que Galicia. O Observatorio inclúe un traballo das pensións contributivas.
-
A Xunta aplaude que os representantes do cerco valorasen positivamente a proposta de reasignación de cota deseñada pola Administración galega a petición do propio sector. A conselleira do Mar reuniuse cos representantes do sector e os sindicatos para buscar unha "base mínima" de posibilidades de pesca para os barcos que teñen cota.