Notas
-
* O número total de inscritos á Seguridade Social dende decembro de 2004 ascende de 967.265 a 1.000.755 afiliados, o que representa un aumento porcentual do 3,46% * Este incremento reflíctese tanto no réxime xeral como no de autónomos, cun aumento de afiliados do 4,45% e do 2,68% dende decembro de 2004, respectivamente * Con respecto á evolución mensual, a cifra de afiliados rexistrou en decembro un descenso de 11.425 persoas con respecto ao mes de novembro
-
O Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, mantivo unha entrevista co Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Xosé Luis Bará Torres, no seu despacho do edificio administrativo de San Caetano na cidade de Santiago de Compostela.
-
Os anos 2004 e 2005 foron os máis secos en Compostela desde 1992, segundo reflicte o resumo meteorolóxico correspondente á cidade de Santiago elaborado cos datos obtidos de cotío na estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
-
* No mes de decembro o número de parados incrementouse en Galicia en 5.538 persoas, situando a cifra total de desempregados como a máis baixa dos últimos catro anos * A pesar deste ascenso no número de parados, consolídase o descenso interanual que en termos porcentuais representa un 3,25%, 2,8 puntos por riba do descenso da media estatal que se sitúa no 0,46% * Os sectores da industria e da construcción representan o 64% do incremento do paro no pasado mes de decembro * Por sexo e idades prodúcese un descenso do paro rexistrado nas mulleres menores de 25 anos, con 128 desempregadas menos que en novembro
-
A firma do texto definitivo terá lugar nos primeiros días de 2006.
-
* Sostén que o acordo abre un marco estable de cooperación entre as administracións que redundará “no beneficio do país” * Resalta que o Fondo de Cooperación Local terá un incremento anual complementario de 6 millóns de euros * O presidente asegura que o pacto establece unha mellora no financiamento dos municipios que lles permitirá exercer as súas competencias con suficiencia * Destaca o esforzo económico que fará a Xunta ao asumir os custos de mantemento dos centros de saúde e dos xulgados de paz a cargo dos concellos
-
* Reuniuse en Monte Pío con catro representantes dos alcaldes do PP afectados pola paralización de obras no medio rural * Transmítelles que o novo plan se fará con vocación de incorporar o máximo posible de obras de acordo a criterios de transparencia e ás dispoñibilidades orzamentarias
-
A Asemblea do Suído, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) vimos de manter unha reunión co Director Xeral de Industria sobre os parques eólicos proxectados para a Serra do Suído (Fonteavia e Bidueiros) na que solicitamos unha vez máis a paralización dos mesmos, tal como vimos solicitando dende o limiar das tramitacións.
-
* O Instituto Galego de Consumo comprobará que os aparcamentos eliminaron o cobro por fracción de hora ou media hora, considerado abusivo pola Audiencia Provincial de Madrid * Realizará con carácter previo un mailing informativo dirixido a empresarios do sector e concellos
-
* O conselleiro anunciou que o día 10 de xaneiro se reunirá co presidente da SEPI para transmitirlle a situación dos sectores da construción naval e auxiliar de reparacións para buscar novas fórmulas que permitan xerar emprego e riqueza * O titular de Innovación e Industria visitou o polígono industrial Río do Pozo e reuniuse cos presidentes da Cámara de Comercio e da Confederación de Empresarios e con empresarios do sector de reparacións navais integrados en ACLUNAGA * Blanco visitou tamén o concello de Fene, onde os voceiros municipais lle trasladaron as demandas máis urxentes do concello.