Notas
-
• O paquete de axudas busca impulsar a competitividade do tecido produtivo mediante o fomento das iniciativas de cooperación, innovación e internacionalización empresarial • O consello de dirección autorizou a sinatura dun convenio co ICO e entidades financeiras para apoiar investimentos de pemes
-
ß A cifra de desempregados descendeu en Galicia nun 4,2% con respecto ao mes de xaneiro de 2005, é dicir, catro puntos máis que a media do Estado (0,23%) * En relación ao mes de decembro o número de parados incrementouse nun 1,5%, situando o total de desempregados en 181.401. Esta porcentaxe fai que Galicia sexa a comunidade que rexistra un menor ascenso relativo no número de parados * O remate da tempada de Nadal fixo que o paro no sector servizos se incrementara no 3,7%. Pola contra a industria e a construcción rexistraron un descenso de desempregados do 2,9% e o 1,2% respectivamente * No primeiro mes do ano o número de contratos indefinidos rexistrados en Galicia increméntase en 16 puntos sobre a media do Estado * O número total de inscritos á Seguridade Social ascende ata 1.003.178 afiliados, o que representa un aumento porcentual do 3,23% en relación a xaneiro de 2005 * Na evolución mensual produciuse un aumento no número de afiliados do 0,24%, case medio punto máis que a media do Estado (-0,18%). Galicia sitúase como a cuarta comunidade na que máis aumentou porcentualmente a cifra de cotizantes * Cómpre salientar o comportamento da provincia de Pontevedra, na que en xaneiro se rexistrou un ascenso no número de afiliados do 0,65%. Esta porcentaxe a sitúa como a segunda provincia en termos relativos con máis novas altas con respecto a decembro, tan só por detrás de Huelva
-
* O titular do Goberno autonómico realizou unha visita institucional ao concello ourensán e participou nun almorzo con empresarios e autoridades da provincia * Lembra que os Orzamentos da Xunta recollen investimentos para a mellora da rede viaria da provincia por valor de máis de 148 millóns de euros * Asegura que, coa chegada do AVE, Ourense se converterá en nó de comunicacións da Galicia interior e en eixo do seu desenvolvemento territorial * Salienta que a chegada do tren de alta velocidade se completará coa creación da Cidade do Transporte, en San Cibrao das Viñas, e a autovía Lugo-Ourense * Comprométese á creación dunha Área Urbana a carón da cidade das Burgas cos concellos limítrofes na que se desenvolva unha planificación territorial axeitada ás demandas dos cidadáns
-
? O Centro Tecnolóxico do Mar, encargado de coordinar a investigación mariña na comunidade autónoma, terá un papel relevante no proxecto anunciado polo Presidente da Xunta o pasado mes de xaneiro ? Carmen Gallego considera que se trata dun “paso máis” para facer realidade que Vigo sexa a Capital Europea da Pesca
-
* As axudas previstas nos distintos programas prestan especial atención ás mulleres e aos mozos. Exemplo disto é que se cuadriplica a subvención mínima que percibirán os menores de 30 anos polo inicio da súa actividade como autónomos * Os novos autónomos poderán solicitar unha subvención para financiar os gastos realizados nos dous meses previos e/ou nos seis primeiros meses da actividade * As empresas de economía social recibirán incentivos pola incorporación como socios traballadores de empregados vinculados á empresa por un contrato temporal
-
* Ao abeiro dos datos completos de 2005 se confirma a boa tendencia do mercado de traballo en Galicia * Entre xuño e decembro do pasado ano creáronse, segundo a EPA, algo máis de 24.000 postos de traballo, e a taxa de paro se reduciu en dous puntos * Os datos da EPA do cuarto trimestre vense refrendados pola boa evolución de afiliación á Seguridade Social ao longo do ano
-
La paralización se inició el 3 de octubre y mantiene un carácter indefinido.
-
* O máximo mandatario autonómico anunciouno durante a súa visita á Feira Internacional do Turismo, onde visitou o stand de Galicia * Asegura que se está a revisar o modelo turístico galego para “construír unha nova visión” e ofrecer “unha Galicia renovada”, cunha oferta cualificada e de excelencia * O cambio no modelo basearase na promoción, a desestacionalización, a formación e a innovación e a aposta pola calidade * Anuncia a posta en marcha dunha Oficina de Calidade Turística que garanta unha mellora da calidade integral en todos os destinos galegos
-
Reunido na Casa do Concello de Ponteareas, o xurado encargado da elección do proxecto de investigación gañador do premio Fermín Bouza Brey convocado polo Concello de Ponteareas para honrar a memoria do insigne poeta e polígrafo Fermín Bouza Brey, nado na vila de Ponteareas no ano 1901, acordou conceder este premio dotado con 2.000 Euros ao proxecto de investigación “A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955” presentado por María Victoria Martínez Rodríguez, con domicilio no municipio de As Neves.
-
* O presidente da Xunta participou na presentación do plan de ampliación e reforma do porto olívico * Touriño anuncia que a discriminación, descoordinación e déficit de infraestruturas en Vigo será substituída polo compromiso e a cooperación * Salienta que o proxecto converterá Vigo no gran porto do Atlántico * Lembra o compromiso da Xunta de elaborar un Plan Vigo no primeiro semestre do ano que inclúa os equipamentos imprescindibles para a cidade