Notas
-
Lugo acogió el domingo 3 de julio la Ofrenda de Galicia al Santísimo Sacramento en una ceremonia en la Catedral lucense oficiada por el Obispo, Alfonso Carrasco Rouco, y a la que asistió el arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio. Se traslada provisionalmente el Santísimo Sacramento durante las obras de restauración de la Catedral.
-
A nova Lei de vivenda garantirá os dereitos dos consumidores, ao tempo que establecerá medidas de dinamización do sector. Crearase un Rexistro de Promotores, a través do cal os adquirentes poderán acceder á unha ampla información sobre o promotor da súa vivenda.
-
Cultura e Turismo presenta o produto turístico Especial Destinos Atlánticos, unha iniciativa que promove o turismo de peregrinación en España, Irlanda, Francia e Portugal ao abeiro do programa europeo Ultreia polo que galicia agarda aumentar o número de viaxeiros.
-
A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolle a mostra de Miquel Navarro titulada Figuras para a batalla, calificada como "unha das principais apostas da programación do complexo do Gaiás para 2011". Unha mostra que implica unha unión "entre escultura e arquitectura para crear un diálogo de arte e vangarda".
-
O Centro Dramático Galego inicia en Ferrol a xira do espectáculo musical A ópera dos tres reás. O Teatro Jofre acolle dúas funcións da versión galega do clásico de Brecht e Weill o sábado 4 e o domingo 5 de xullo.
-
A segunda canle da televisión pública TVG emite o venres 1 de xullo a segunda parte do documental Memoria do nacionalismo galego que presenta un percorrido polos últimos 170 anos de historia política, social e cultural de Galicia, desde o Rexionalismo do século XIX ata a Transición, pasando por Castelao e o Estatuto do 36.
-
O Secretario da Emigración presentou aos presidentes dos centros galegos e á prensa en Arxentina o contido deste documento estratéxico do Goberno galego. O Plan define 5 áreas de actuación, e establece 13 liñas prioritarias, 36 programas e 17 estratexias.
-
A Biblioteca Provincial de Lugo entrega os premios aos escolares gañadores do certame de debuxo e narración Letras Galegas 2011. Un total de 40 nenos e nenas recollerán os premios e accésits outorgados polo xurado, que presidiu o xefe territorial de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina.
-
Máis de 2.500 persoas visitaron na Casa da Parra de Santiago a exposición do centenario de Cunqueiro “No niño novo do vento”. A mostra, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia abandona Compostela para instalarse en Ourense.
-
O organismo provincial incorpora por vez primeira a figura de Vicevoceira que será desempeñada pola Deputada socialista do partido xudicial de Chantada.