Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Esta declaración da acuicultura como sector de interese público permitrá artellar en Galicia un marco normativo áxil, impulsar a formación de I+D e apoiar proxectos viables e respetuosos co sector. Tamén implica entrar no Plan Estratéxico da UE e posibilitará a recuperación do liderazgo por parte do sector. Mantéñense as datas de presentación do Plan Director da Acuicultura de Galicia.
  • A campaña extractiva do polbo en Galicia remata ás 16:00 horas do venres 27 de maio e reábrese o 4 de xullo ás 06:00 horas, según a resolución da Consellería do Mar. O levantamento das nasas foi consensuado co sector.
  • O festival mostra o 4 de xuño na Cidade da Cultura unha ducia de creacións que irán dende experiencias sonoras ata espectáculos de danza, performances ou a proxección dunha escolma de videocreacións realizada por creadores galegos.
  • A gala inaugural será o 1 de xuño no Teatro Colón da Coruña onde se proxectará Metrópolis 27/10. Poderase ver a película de Fritz Lang na súa versión íntegra e restaurada que inclúe vinte minutos que no seu día foron cortados e críanse perdidos.
  • O presidente da Deputación Provincial, Gómez Besteiro, defendeu o labor fundamental que cumpren estes especialistas nos equipos médicos que diagnostican e tratan ós pacientes, e reclamou que non se supriman prazas de radiólogo en ningún centro da provincia nin de Galicia.
  • A Consellería de Cultura expón no museo de Viladonga por primeira vez ao público lousas decoradas que se utilizaban hai vinte séculos no Castro de Formigueiros. Presenta ata setembro a posta en valor das formacións castrexas da provincia de Lugo.
  • As funcións monicreques que achegarán aos rapaces ao mundo da música, da pintura ou da linguaxe están producidas pola compañía galega Galitoon, que combina “muppets” clásicos, como os de “Barrio Sésamo”.
  • O Salón Teatro acolle a mostra de fotos Contrapontos Visuais e máis o espectáculo Medea llama por cobrar, como extensión do Fitei. O patio de butacas utilízase por vez primeira como espazo expositivo e o 1 de xuño recibe o monólogo do grupo ecuatoriano Zero no Zero Teatro.
  • La cita alemana se considera el evento de referencia de logística y transporte en el que Ferrol se mostró como puerto clave del sur atlántico europeo.
  • Dirixida ao público familiar, a comedia musical Moito Conto está protagonizada por Mónica García, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa, e baséase no conto Hansel e Gretel.