Notas
-
Segundo o informe realizado, o valor da liquidación supera os 2,4 millóns de euros, dos que 2,3 corresponden ó valor patrimonial da pradera e do monte que retornan ó organismo provincial e, o resto, ós gastos que asumiu a Fundación pola liquidación definitiva.
-
A confraría “Santísima Virgen de la Esperanza de Lugo” concedeu este distintivo ó Presidente da Deputación polo seu apoio á celebración da Semana Santa.
-
A Xunta presenta en Lugo unha instalación multimedia sobre Lois Pereiro que achegará ás bibliotecas e centros escolares a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. O público pode participar interactivamente.
-
A mostra No niño novo do vento, Cen anos con Álvaro Cunqueiro 1911-2011, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Penzol, a Editorial Galaxia e o Concello de Mondoñedo, fai un percorrido pola vida e obra do escritor galego.
-
A Deputación de Lugo achega 120.000 euros para a realización deste filme, que transcorre nos anos 70 na montaña de Lugo. Ao acto de presentación desta película asistiu o vicepresidente da Deputación, ademais do director, Ignacio Vilar, e varios dos actores.
-
Trátase dun esbozo elaborado para ser utilizado nun preito entre o bispo frei Francisco contra o marqués de Viance, no Consello Real.
-
O certame naceu a raíz do interese de dúas bandas italianas por tocar en Viveiro, o que demostra a sona que xa ten a localidade como un dos epicentros do país desta corrente musical.
-
Presentouse no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Celeiro a nova campaña de promoción e difusión sobre a importancia do sector pesqueiro na Mariña de Lugo, que está organizada pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
-
Trátase dun dos tres convenios asinados entre a Xunta e a USC que favorecen a atención á diversidade, a mellora enerxética nos edificios do campus de Lugo, e a realización do prácticum do Máster do Profesorado 2011-2012.
-
Preto de 310 persoas participarán esta semana en seis rutas coas que redescubrirán A Mariña, Ribeira Sacra, Terra Chá e A Montaña.