Notas
-
O obxectivo destas medidas abrangue diversos ámbitos: avanzar na mellora do emprego; reforzar sectores estratéxicos da economía como o naval e a automoción; mellorar a planificación de infraestruturas hidráulicas e ambientais; e avanzar na mellora da atención á dependencia e á discapacidade.
-
O responsable de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia visitou as obras que financia este departamento en pleno Camiño francés de peregrinaxe a Compostela.
-
Deputación Provincial e Concello de Lugo presentan a nova Gala Lvcvs Moda prevista para o 7 de abril no Círculo das Artes. A actriz con raíces lucenses María Castro será a presentadora do espectáculo, no que Lucía Pérez ofrecerá a derradeira actuación antes de partir de xira por Europa.
-
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o Antón Bao, presentou no pazo de San Marcos a nova fase de circuítos de Buxiganga, acompañado por Paloma Lugilde, como representante do grupo de teatro do Consello da Cultura da Deputación (órgano asesor e consultivo en materias culturais).
-
O Consello galego de acción voluntaria aprobou, con todos os votos a favor, o proxecto da nova Lei en materia de voluntariado que ten elaborado a Consellería de Traballo para adaptar a normativa á sociedade actual. Na xuntanza presentouse a programación para o Ano Europeo do Voluntariado.
-
O domingo 20 de marzo o Orfeón Lucense canta a misa na igrexa fortaleza de San Xoán de Portomarín e ofrece un concerto de música medieval, sacra/clásica e galega.
-
Confían en que las negociaciones realizadas fructifiquen en la atracción de nuevas escalas de cruceros en la ciudad de Ferrol en las próximas campañas turísticas. El objetivo es relanzar la dársena ferrolana como escala y posicionarse en el sector.
-
Os efectos do Ano Santo permitiron a Santiago de Compostela liderar en 2010 o crecemento en emprego turístico e RevPar hoteleiro, seguido de Tarragona entre os destinos urbanos españois con variacións positivas en ambos indicadores por enriba do 10% a respecto dos rexistros de 2009.
-
Fronte ós 107 euros por metro cadrado fixado pola Xunta para a área da capital, o organismo provincial ofrece un prezo moito máis competitivo: 35 euros de media.
-
Os entes locais deben ter aprobada ou en exposición pública a ordenanza municipal imprescindible para dar validez legal ós 79 trámites que os veciños poderán facer co seu Concello. O organismo provincial ten preparados para o seu reparto ordenadores de sobremesa, portátiles, impresoras, servidores e pantallas multimedia de información.