Notas
-
A intérprete francesa, voz de Stereolab, Laetitia Sadier, presenta The Trip no Salón Teatro de Compostela o domingo 20 de febreiro. Trátase do seu debut en solitario no que se presenta cun ton máis introspectivo. O concerto enmárcase no encontro coa música de vangarda a través do Festival Sinsal.
-
O Sistema de Información Xeográfica (SIX) deLugo permite navegar por un mapa da provincia, obtendo información sobre que visitar, onde comer ou aloxarse e ofertas de lecer dos lugares que lle interesen ó usuario. Inclúe rutas de sendeirismo e do Km0, que poden descargarse en teléfonos móbiles, PDA ou XPS, así como os Camiños de Santiago e as adegas da Ribeira Sacra.
-
Preséntase o plan de actuacións de Turgalicia 2011 que posibilita o “fomento, promoción, formación e ordenación do sector turístico galego” coa necesidade de “non baixar a garda e manter o posicionamento acadado en 2010” a través dun “programa de actuacións moi racionalizado”.
-
Durante un encontro cos cónsules acreditados en Galicia, o presidente da Xunta avogou pola colaboración co corpo consular para potenciar a imaxe de Galicia no mundo e alcanzar unha maior presenza das empresas galegas nos mercados internacionais.
-
Pablo José Taboada Camoira será candicato á Alcaldía do Concello de Palas de Rei nas eleccións municipais do 22 de maio polo Partido Popular.
-
Este investimento responde á petición do Alcalde para impulsar unha celebración coa que Viveiro duplica a súa poboación e acada o 100% da ocupación hoteleira. Esta achega sen precedente no organismo provincial, supón preto do 25% do presuposto total co que contan as confrarías para a celebración desta festividade.
-
Emerxencias e Interior alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa por vento nas tres provincias costeiras galegas, desde as 00.00 horas do mércores, 16 de febreiro, con rachas de vento que poderán alcanzar os 100 km/h.
-
O presidente anuncia que en marzo se celebrarán as distintas mesas por sectores para que en abril se constitúa o novo instrumento destinado non só a promocionar Lugo, senón tamén a axudar ó sector privado a atopar novas vías de comercialización. Clausurouse o congreso Destino Lugo.
-
A Consellería de Economía e Industria salienta que a falta de interlocución co Goberno Central e as súas reiteradas negativas a escoitar a Galicia non lle deixan outra opción. A Xunta recurrirá tamén as regulamentacións que desenvolven o Real Decreto.
-
O atleta agradeceu a disposición do vicepresidente da Deputación polo recoñecemento e valorou o apoio que a Área de Deporte está a dar ao atletismo coa construción do módulo cuberto de atletismo.