Notas
-
O Centro Dramático Galego arranca os ensaios da Ópera dos tres reás, protagonizada por Luis Tosar e dirixida por Quico Cadaval. A estrea está prevista para o 23 de xuño e seleccionarase unha orquestra de seis músicos.
-
A Xunta de Galicia celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de mellorar os índices de lectura entre o público máis novo e apoiar a expansión da produción galega. Homenaxéase a Neira Vilas cunha exposición na Coruña.
-
O Parque Nacional das Illas Atlánticas protagoniza o cupón da ONCE do 3 de abril. Presentouse en Vigo este cupón ilustrado cunha fotografía aérea deste parque que se enmarca nunha serie de 14 adicada á rede de Parques Nacionais con servizos de accesibilidade.
-
A mostra “Presenten... armas!”, composta de 3 esculturas e 27 debuxos, abrirase ó público o 31 de marzo ás 20:00 horas e poder visitarse ata o 8 de maio. Méndez destacou o papel do artista, o 1º que espuxo na Capela logo de convertela nunha sala de exposición, para consolidar este espazo “como o epicentro cultural de Galicia”.
-
O premio foi concedido, ex aequo, a Araceli Novo Celeiro e a Diana María Rodríguez Rodríguez, polos seus traballos sobre os cambios no convento de San Francisco lucense e as escolas habaneiras.
-
O Auditorio do Conservatorio Profesional de Música Vigo acolle o 31 de marzo o concerto de presentación do novo volume Pel & Madeira, con partituras e audios de 30 pezas tradicionais.
-
Berrobambán presenta no Salón Teatro de Compostela a obra Pressing Catch, dirixida por Quico CadavalO Salón Teatro de Santiago acolle dúas funcións de Pressing Catch, o último espectáculo da compostelá Berrobambán, que se vale desta técnica de loita libre para reflexionar sobre as formas de violencia, sen deixar de lado o sentido do humor e a ironía.
-
Los Rallyes en Tierra a Galicia regresan al calendario de competiciones deportivas -específicamente del mundo del motor- con el I Rallye en Terra de A Gudiña, que no se celebra desde hace 17 años.
-
A quinta edición da Feira de Arte Contemporáneo de Vigo, Espacio Atlántico, convírtese en lugar de encontro profesional, de negocio e venda, así como de promoción da produción artística galega. Participan máis de 40 galerías e celébranse cinco project room.
-
O alcalde de Tui e o presidente da Cámara Municipal de Valença asinan o acordo de irmanamento entre as localidades galega e lusa na data en que se conmemora o 125 aniversario da Ponte Internacional como exemplo dunha realidade histórica.