Notas
-
A Fundación Galicia Europa celebra o Día de Europa montando un crebacabezas xigante da Unión Europea (UE) en Lalín. 50 alumnos de primaria colocan as pezas representativas dos 27 estados membros en 81 metros cadrados da superficie que representa a UE no crebacabezas.
-
O Presidente da Deputación avogou por implantar na provincia de Lugo esta estratexia de promoción turística e dinamización da economía, cun contrastado éxito noutras rexións de España, como Andalucía –que foi pioneira-, Cataluña e Asturias.
-
Os XIII Encontros para a Normalización Lingüística teñen neste edición, entre os seus principais centros de interese, o papel dos concellos na promoción do uso do galego. A Xunta agradece ao Consello da Cultura Galega a súa adhesión á Rede de Dinamización.
-
O Ministerio de Educación otorgou o a mención honorífica dos Premios Miguel Hernández 2010 á Concellería de Educación, en "recoñecemento ó labor realizado en favor da aprendizaxe ó longo da vida".
-
Esta actuación, que se inclúe dentro do Plan Urban, permitirá acadar un 250 metros transitables e recuperar esta parte como zona de estancia. Con esta iniciativa, Deputación e Concello dotan ós veciños dun novo espazo para o seu disfrute, xa que quedará dispoñible como área de paseo ó pé do Monumento.
-
Cillero é Licenciado en Dereito, Ciencias Políticas, Máster en Administracións Públicas, especializado en contratación e recursos humanos, ademáis de profesor na Universidade.
-
O valor da produción da agricultura ecolóxica certificada medrou un catro mil por cento na última década en Galicia. A facturación deste sector na Comunidade galega acada actualmente os 17,1 millóns de euros e a superficie inscrita supera as 14 mil hectáreas.
-
A Consellería de Economía e Industria realizou un investimento de máis de 45.000 euros nesta Mostra, a través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Desenvólvese ata o 24 de abril.
-
Os alumnos da Escola de Imaxe e Son elaboraron o primeiro “movie map” da comunidade galega, no que se sinalizan os lugares do Courel e A Fonsagrada nos que se gravou o filme “Romasanta”. Este proxecto forma parte as xornadas que se celebran entre o 28 e 30 de abril.
-
No programa “Xoves con arte” poderán participar 20 grupos noveis e outros 20 que xa teñan disco no mercado. Bolseiros da Fundación TIC participarán na gravación, que terá lugar nos estudos de Arturo Vaquero en Friol.