Notas
-
A defensoría galega enviou escritos ás sete autoridades municipais para que acheguen as medidas que teñen en marcha ou prevén para impedir o consumo de alcol por parte de menores nesas concentracións de mozos.
-
Permitir a cada persoa atopar o seu xeito de gozar da Cidade da Cultura, ubicada no Monte Gaiás, é o principal obxectivo do progama de visitas temáticas gratuítas que promove a Consellería de Cultura nestas instalacións. As visitas máxicas e as observacións astronómicas, entre as novidades do programa.
-
A Biblioteca de Galicia inaugura a mostra “Un percorrido polo universo borgeano”, na que se mostrarán libros, artigos, fotografías e correspondencia do autor do Aleph. Presenta Claudio Rodríguez Fer, autor de “Borges no labirinto galego”.
-
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos promoven unha exposición itinerante sobre a vida e a obra de Castelao, no 125º aniversario do seu nacemento. A mostra percorrerá as bibliotecas nodais e os centros de ensino.
-
O secretario xeral de Política Lingüística inaugurou na Biblioteca Nodal de Lugo a mostra Querido Balbino, que achega a obra máis lida da literatura galega: Memorias dun neno labrego. A Xunta homenaxea a Neira Vilas no 50º aniversario da edición do libro.
-
A conselleira de Facenda, que inaugurou en Santiago de Compostela a xuntanza do Comité de Seguemento do Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013, aposta por aproveitar o Plan Estratéxico para crecer de forma intelixente, innovadora e sostible na liña de Europa 2020.
-
O escritor Xavier Rodríguez Barrio gaña o XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense coa obra Calado Testamento.
-
A Semana Verde consolídase como certame clave para impulsar e dinamizar o sector agrogandeiro e forestal como un espazo e un evento de dimensións axeitadas para establecer contactos comerciais en sectores estratéxicos.
-
Co Decreto que publica o DOG impúlsase a asociación dos gandeiros de Galicia para que poidan estar en condicións de mellorar a súa posición negociadora para cando se produza a modificación da normativa europea (UE).
-
Na relación de ciclos presentada pola Consellería de Educación, e que pode ser consultada no Diario Oficial de Galicia, quedan desmentidas as acusacións sobre o número de ciclos suprimidos, según xustifica a Xunta de Galicia.