Notas
-
A Deputación Provincial de Lugo promociona a provincia a través do stand Lugo Terra co que viaxa á Feira de Turismo de Bilbao que se celebra entre o 7 e o 10 de maio no Bilbao Exhibition Centre ao que asisten 15 comunidades.
-
Os representantes de 23 cidades galegas e portuguesas debaten as estratexias en materia de transporte. O rexedor ferrolán subliñou o carácter estratéxico da Comisión Executiva do Eixo Atlántico.
-
A rúa Ordóñez de Tui vai acoller dende o venres 1 de maio, e ate o domingo 3, a XIII Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura de Tui coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño. Participan artesáns tanto galegos, coma de Portugal ou mesmo de Puebla de Sanabria.
-
Presentada a VI edición do Rallye Cidade de Lugo que organiza a Asociación Lucense de Automóbiles Antigos e Clásicos e que se desenvolve en varias zonas da alta montaña de Lugo o sábado 25 de abril.
-
O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez reuniuse con representates dos constructores, patronal e colexios profesionais das áreas vinculadas ó urbanismo para tratar o proceso de redacción do novo Plan de Urbanismo.
-
Mellorar a competitividade do comercio local, facilitar a formación dos profesionais deste sector e ofrecer unha oportunidade aos desempregados que queiran traballar nesta área, é o obxectivo das novas actividades no Centro de Emprego.
-
O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle unha mesa redonda sobre un tema de actualidade no ámbito da comunicación: as redes sociais, que afectan directa ou indirectamente a todos. Celébrase co título de "Redes sociais, facebook, tuenti... A cara oculta dos meus fillos".
-
Ferrol inaugurará en outono a súa Casa Solidaria, máis de 1.000 metros cadrados reservados para a Oficina Municipal de Voluntariado, a atención a inmigrantes e o uso daquelas entidades e asociacións que carecen de local propio e traballan no eido da cooperación, o voluntariado e a solidariedade.
-
A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza o venres 17 de abril, ás 11:00 horas, no CEIP Albino Núñez a Xuntanza Intercultural "Quero coñecerte", que ten como obxectivo fomentar a integración dos alumnos inmigrantes e o coñecemento da cultura dos seus paises de orixe.
-
50 persoas viaxan polas Rías Baixas e o Salnés, en viaxe organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, dentro da campaña "Descubra Galicia Natural". Outro grupo visitará o próximo sábado a Mariña lucense.