Notas
-
O Rei de España, don Juan Carlos de Borbón, expresou a súa intención de presidir os actos conmemorativos do 25 de xullo con motivo da celebración do Ano Santo Compostelán. Visitou por primeira vez a residencia de Monte Pío desde a súa inauguración en 2002.
-
Encargado tamén de desenvolver o proxecto climático de Al Gore en España, Juan Verde Suárez imparte o luns 25 de maio en Lugo a conferencia titulada El cambio climático. El reto y la oportunidad.
-
Coa finalidade de potenciar a participación cidadá no Núcleo de Sostibilidade de Muros.
-
Unha feira de comercio xusto, obradoiros, danza, música e teatro de rúa son algunhas das actividades programadas nun Mundo Mestura que amosará as distintas realidades culturais que conviven en Ferrol.
-
Na toma de posesión de Corina Porro ao fronte da Autoridade Portuaria, o presidente da Xunta, Núñez Feijoo, fixo un chamamento a todas as “forzas vivas” da cidade para converter a crise económica en oportunidade e facer de Vigo un referente na franxa Atlántica.
-
En Lugo téñense celebrado dúas novas degustacións do capón vilalbés no Restaurante Mesón de Alberto, organizadas pola “Cofradía del Capón de Villalba”, que preside o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta, Roberto Varela, reuniuse co alcalde de Santiago e o arzebispo compostelán para preparar o Xacobeo 2010. O Consello da Xunta da a coñecer un informe preliminar.
-
Por segundo ano consecutivo, Concello e entidades veciñais e culturais se unen para conmemorar o Día das Letras Galegas en Ferrol. Este ano, o sábado 16 de maio celébrase a homenaxe a Ramón Piñeiro. O acto conxuga tódalas artes, dende a danza ata o cine, pasando pola música.
-
A iniciativa consensuarase co sector e se remitirá ó Consello Galego de Pesca. Así o asegurou o director xeral de Ordenación e Xestión de Recursos Mariños, Pablo Fernández, na Comisión 8º de Pesca e Marisqueo.
-
O alcalde Vicente Irisarri destaca que as medidas a aplicar fomentarán a cohesión territorial en beneficio da competitividade. Representantes de 23 cidades de Galicia e do Norte de Portugal celebraron no pazo municipal este foro de debate.