Notas
-
A incorporación permitirá potenciar a promoción de Ourense como porta de entrada da alta velocidade a Galicia. O alcalde salienta que a rede permitirá “lanzar en toda España o extraordinario potencial turístico e termal de Ourense”.
-
No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo empeza a funcionar o primeiro PET-TC público de Galicia que cubrirá as necesidades do sur de Galicia no diagnóstico precoz do cancro e de patoloxías como o Alzheimer, o Párkinson ou a demencia senil.
-
O Presidente da Deputación recibe ó xornalista lucense Francisco Rivera do que destaca a súa traxectoria profesional. Na homenaxe no Círculo das Artes lembráronse os seus inicios en Radio Lugo en 1954, e os máis de 40 anos que leva vencellado á cadea COPE.
-
As xestións realizadas a tres bandas pola Deputación, Concello de Mondoñedo e a Federación Galega de Espeleoloxía permitiron a reapertura das Covas do Rei Cintolo, situadas no municipio mindoniense. As Covas atópanse nunha das rutas do Programa medioambiental.
-
ASEFOGA organiza o 26 de marzo en A Coruña o Congreso Medio Rural e Cambio Climático no que se analizará o aumento anormal das temperaturas e as consecuencias que ten na reparación de pragas e enfermidades xa erradicadas.
-
Trátase dun breve percorrido por quince paneis a través das imaxes que resumen a historia da participación das mulleres no sindicalismo galego. Unhas reivindicacións que aínda continúan vixentes na sociedade galega actual.
-
Testosterona é un proxecto de creación escénica e intervención cultural sobre identidade e construción de xénero. O proxecto púxose en marcha no mes de xullo de 2008.
-
O Concello de Ferrol e a Universidade de A Coruña os distinguen cos premios de investigación que na categoría Enxeñería Naval recaeu no proxecto dunha embarcación adaptada a discapacitados.
-
Che Carrera, falecido recentemente, entre os seus moitos compromisos coa sociedade, consideraba que un bo compromiso era facer que a xente pensara co teatro. Un dos seus últimos retos foi colaborar coa compañía Atrezo Teatro representando a César.
-
O público infantil é o destinatario da obra que a Concellería de Cultura de Tui presenta no Teatro Municipal. Os soños na Gaiola, a cargo da Compañía do Trinke Trinke, é unha obra homenaxe ao escritor da Terra Chá Manuel María. A acción transcorre nun piso dunha cidade, onde sentado nun sofá dorme un velliño que ata hai pouco vivía na súa aldea.