Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O Observatorio Municipal Galego, da Rede Localis, fixo público este mércores un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a entidade xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, destaca que os concellos pequenos destinan 426 euros por persoa a servizos públicos básicos, cifra moi similar á dos grandes municipios. O documento é a nota 24 deste Observatorio Municipal Galego e está elaborada por Alberto Vaquero, profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense e codirector da Rede Localis, unha das actividades da Cátedra do Bo Goberno Local da Universidade de Vigo.
  • Foron presentados os concertos de O Son do Camiño, que reunirá no Monte do Gozo a 42 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo os vindeiros 15,16 e 17 de xuño, e que ten vendido entradas a público procedente de 35 países. Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán. O Son do Camiño contará coas actuación de Vetusta Mora, The Kooks, Xoel López, Leiva, Viva Suecia, Marlon, Duki, Ginebras, Bizarrap, Aitana o Maluma, entre outros.
  • A décima edición do Festival Bal y Gay será do 10 ao 24 de agosto. Pasará por Viveiro, Alfoz, Foz, Ribadeo, Cervo, Mondoñedo, Lourenzá ou Barreiros e os concertos celebrarase en lugares como a fábrica de Sargadelos, a Catedral de Mondoñedo, Basílica de San Martiño de Foz, a Fortaleza Alfoz, a igrexa de Lourenzá, entre outros. A Real Filharmonía de Galicia será a encargada de inaugurar a edición o 10 de agosto no Teatro Pastor Díaz de Viveiro cunha gala lírica dirixida por Maximino Zumalave. Os seguintes concertos correrán a cargo, entre outros, do cuarteto de saxofóns Kebyart, a soprano Rocío Pérez, a violonchelista Sara Ferrández, a pianista portuguesa, María Joao Pires, así como a Orquestra Sinfónica de Galicia.
  • A Filmoteca de Galicia porá o foco neste xuño na produción cinematográfica do creador multidisciplinar Javier Codesal e na etapa alemá do director Douglas Sirk. Ademais, a carteleira para este mes tamén incluirá a estrea de catro películas realizadas polo alumnado participante no programa internacional Cinema en curso e daráselles continuidade tanto á mostra 7x7: novas películas checas como ao programa A/Z-Zulueta Inédito, ciclo sobre o director de Arrebato organizado en colaboración co festival coruñés (S8).
  • Comisariada por Susana Cendán, a exposición está composta por fotografías, bordados, pezas cerámicas ou libros-obxecto. Repasa tamén a importancia que a artista lle outorga ao contexto e relación co lugar, algo evidente en varios dos seus proxectos que teñen en conta os distintos aspectos físicos e topográficos, formais, simbólicos, históricos, económicos e sociais que definen os espazos sobre nos que Almudena Fernández Fariña intervén. Estes proxectos foron recollidos nun vídeo documental que se proxecta nunha das salas.
  • Presentouse a nova edición do Festival Peregrinos Musicais, a iniciativa coa que ano a ano se contribúe a divulgar o traballo de novos intérpretes de música clásica. O programa deste ano, que se celebrará entre o 29 de xuño e o 14 de xullo, incluirá un total de sete xornadas musicais, con entrada de balde, protagonizada tanto por mozos como por artistas consagrados de carácter internacional de Ucrania, Alemaña e España. Os concertos celebraranse no Teatro Principal, no Auditorio de Galicia, no Hostal dos Reis Católicos e no Pazo da Peregrina, no concello de Ames.
  • A Xunta de Galicia aspira a lograr un total de 4,36 millóns de euros dos fondos estatais reservados nos orzamentos de 2023 a previr e paliar os posibles danos causados polo lobo no sector agrogandeiro, a mesma contía que lle correspondía o ano pasado pero que o Goberno central se negou a transferirlle pola súa negativa a subscribir a nova Estratexia nacional da especie. Así o defendeu esta mañá a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, quen participou de forma telemática en representación do Executivo galego na reunión da Comisión estatal para o patrimonio natural e a biodiversidade, preparatoria da Conferencia sectorial de Medio Ambiente na que Goberno central e comunidades acordarán o reparto territorial definitivo.
  • A Cidade da Cultura amplía os atractivos do Bosque de Galicia como espazo de lecer e cultura coa inauguración de O prisma dos sentidos, intervención artística realizada polo escultor Acisclo Manzano. Concibida como un lugar de recollemento e meditación e espiritual, a obra evoca as formas dunha capela contemporánea erixida na contorna do monte Gaiás. Pola súa localización e integración na contorna natural, a obra ofrece ademais un punto de vista privilexiado das torres da Catedral de Santiago e da paisaxe compostelá. As súas paredes, perforadas con rostros, ondas e estrelas, permiten que a luz, o vento e a auga da choiva se filtren formando xogos evocadores e multisensoriais.
  • O Comité Executivo da Unesco reuniuse hoxe en París para acordar a inclusión de 18 novos espazos na Rede Mundial de Xeoparques, que deste xeito pasa a estar integrada por 195 lugares pertencentes a 48 países e cunha superficie equivalente a dúas veces o tamaño de Reino Unido. No caso concreto de Cabo Ortegal -a única incorporación española-, a Unesco salientou que esta zona ofrece algunhas das testemuñas máis completas de Europa da colisión que orixinou o supercontinente Pangea, hai ao redor de 350 millóns de anos, un proceso coñecido como oroxénese varisca. De feito, a maioría das rocas deste xeoparque emerxeron á superficie naquel momento das profundidades da terra.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou máis medidas de protección por parte do Goberno galego para os propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal. O mandatario autonómico participou hoxe na sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega para elaborar unha guía informativa sobre os dereitos e obrigas das persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas ocupadas ilegalmente.