Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A carteleira de maio da Filmoteca de Galicia arranca hoxe mesmo con dúas das últimas sesións das retrospectivas que a cinemateca da Xunta lles está a dedicar á directora xaponesa Kinuyo Tanaka e ao documentalista alemán Peter Nestler. Esta semana dá comezo, ademais, o especial sobre a realizadora belga Chantal Akerman, que poderá verse na sala José Sellier da Coruña en colaboración co Play-Doc International Film Festival de Tui. Ademais de acoller a extensión do certame tudense, que inclúe a proxección de dúas fitas restauradas do cineasta indio Aravindan Govindan, a filmoteca volverá ser unha das sedes da Mostra (S8) de Cinema Periférico da Coruña para ofrecer a finais de mes un programa sobre o creador vasco Iván Zulueta, entre outras citas.
  • A quinta edición do Verbena Fest celebrarase os días 4 e 5 de agosto e terá de novo como escenario o local Meigallo, cunha terraza ao aire libre con capacidade para 1000 persoas. O sábado celebrarase a xornada principal, con música desde as 13.00 horas; os concertos serán de balde ata as 20.00 horas e a continuación de pago ata as 2.00 horas da madrugada do domingo. As entradas darán acceso aos concertos de Second, Sexy Zebras, Kamikaze Helmets e El Chico López. O cartel do sábado completarase coa actuación previa, pola tarde, de Malenne, Louband e Los Naipes.
  • Os proxectos abranguen accións de exhibición, divulgación, formación ou concienciación social e medioambiental, dirixidas a públicos moi diversos en ámbitos como a danza, o teatro, a música, o audiovisual, a literatura, as artes plásticas, o patrimonio inmaterial ou a innovación cultural. Todas elas responden á finalidade de reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis alá dos grandes núcleos urbanos e contribuír a incrementar a actividade cultural nas contornas rurais. Búscase activar procesos culturais nestas zonas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, estables e de calidade.
  • A Xunta insta ao Goberno a habilitar os trens AVRIL para que a alta velocidade chegue ás principais cidades galegas e a modernizar a rede ferroviaria que une A Coruña con Lugo e Ferrol. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez subliñou as actuacións recoñecidas hoxe, o AVE galego e a obra civil e mariña para a descarga de cru en Langosteira, grazas ao esforzo titánico de enxeñeiros, técnicos, directores de obra ou operarios implicados en converter en realidade estas infraestruturas.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o proxecto de Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, unha norma impulsada en setembro do ano 2022 co fin de que a comunidade acade o autogoberno pleno sobre a franxa costeira e garantir o equilibro entre a preservación dos valores, paisaxes e ecosistemas desta zona e a realidade socioeconómica que caracteriza a esta parte do territorio. Rueda lembrou que Galicia 'é a comunidade con máis quilómetros de costa', o que fai que teña un 'modelo produtivo moi ligado ao mar'. Por iso, subliñou que a Xunta aposta por unha regulación de costas 'adaptada á realidade galega' e unha ordenación do litoral 'realista, razoable e eficaz'.
  • A Estrada acolle por terceiro ano consecutivo o festival 6coreógrafas, que volve contar coa colaboración da Xunta de Galicia para o seu desenvolvemento hoxe e o vindeiro sábado 29, Día Internacional da Danza, cun cartel que inclúe catro espectáculos galegos e dous obradoiros. A mostra arrancou este mesmo mediodía no Teatro Principal estradense coa estrea O salón dos pasos perdidos, de Paula Quintas Cía, un dos tres espectáculos apoiados pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través da convocatoria de coproducións do Centro Coreográfico Galego 2022.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello aprobou o inicio da tramitación do anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais, que virá substituír a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de 2007. 'Vai actualizar unha normativa que ten xa 16 anos', indicou. 'O obxectivo é aportar unha nova visión global, froito da experiencia acumulada ata agora e incluíndo tamén as recomendacións da comisión de estudo que se creou tras os lumes de 2017', indicou Rueda. Ademais a normativa elaborouse mediante a pertinente consulta pública previa e o proceso participativo levado a cabo coas universidades galegas e co Servizo de Prevención e Extinción.
  • Os galegos e galegas xa poden pagar os seus impostos, taxas ou ingresos xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia, a través da plataforma Bizum. Con esta forma de pago, aberta tanto a particulares como a empresas, amplíanse as canles xa dispoñibles para facilitar o cumprimento das obrigas tributarias á cidadanía, evitar desprazamentos e permitir aforro de tempo nos trámites. O pago con Bizum pódese levar a cabo a través da pasarela de pago da Oficina Virtual Tributaria da Atriga, con todas as entidades bancarias que dispoñen de Bizum para comercios e sen comisión para o cliente.
  • O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura o martes 25 un ciclo de cine sobre a figura de Picasso no 50 aniversario da súa morte. Picasso a través do cine arrancará como parte das actividades arredor da mostra 'Picasso branco no recordo azul'. O primeiro visionado será no auditorio do museo ás 19,00 horas cos filmes Guernica de Robert Hessens, que trata de maneira fragmenta e convulsa a célebre obra do artista, con imaxes de arquivo sobre o bombardeo nazi da poboación vasca que dá nome a obra pictórica e cinematográfica. Tamén se proxectará Picasso de Luciano Emmer, no que se afondará na evolución da pintura de Picasso ata a súa fase rosa.
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe o conxunto de medidas do novo Plan de prevención de incendios forestais que ten como obxecto “evitar que se produzan incendios forestais ou, no caso de que se rexistre algún, que a súa propagación sexa a menor posible”. Entre elas, salientou o reforzo da vixianza para garantir que as parcelas máis próximas á vivenda estean limpas e rozadas. Para iso, apuntou á importancia de que 89 % dos concellos galegos están integrados ao sistema de xestión da biomasa.