Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A empresa Data Spartan organiza os días 26 e 27 de outubro o Corunna Innovate Summit, un congreso que terá lugar no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC, no que se tratará da revolución que supoñen a intelixencia Artificial (IA), a ciencia de datos e Internet, para tratar de mellorar a forma na que se estrutura a sociedade de cara ao futuro. A inauguración do foro terá lugar o día 26 ás 16:30 horas e continuará ás 17:00h. co investigador Luis Muñoz-González, da empresa Telefónica, que falará da aprendizaxe federada, técnica de aprendizaxe automática que permite adestrar modelo centralizados sen ter que compartir datos sensibles.
  • OVO é a 25ª producción en directo do Circo do Sol, creada con motivo do seu 25 aniversario. Estreouse por primeira vez en Montreal no ano 2009 e visitou 30 cidades en seis países diferentes como espectáculo de Gran Carpa antes de transformarse nun espectáculo de pavillón no ano 2016. Poderá verse en varias sesións no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela. No espectáculo teñen especial protagonismo os insectos que traballan, comen, se desprazan, xogan e loitan. Cando un misterioso ovo aparece entre eles, os insectos senten unha intensa curiosidade por ese obxecto icónico que é, ademais, o fío conductor do espectáculo. Ademais das acrobacias e espectáculos, destaca o vestiario, inspirado nos superheroes futuristas e en armaduras de calquera época.
  • No Clavicémbalo actuarán Wealman (Lugo) o venres, 3 de novembro; Irati Bilbao Quinteto (País Vasco) e Ton e Teira (Galicia) o sábado 4; Rembrandt Trío (Países Baixos) o mércores 8; TT Syndicate (Portugal) o 9; Kike Perdomo Quintet (Canarias) e Amoeba Split (Galicia) o 10; Límbico e Demo Rumudo (ambos de Galicia) o 11; Proyecto 1800 (Galicia) o 14; Jorge Tojeiro 8tet (Lugo e outros lugares de Galicia) o 15; Grant Stewart & Jim Rotondi o 16; Gabriela Suárez (Canarias) o 17 e o 18; e Juan Saiz Cuarteto (Cantabria e Cataluña) o 18.
  • O turismo de Galicia avanza na súa recuperación tanto de xeito cuantitativo, con máis viaxeiros que fan tamén máis noites en Galicia, pero tamén con importantes avances de xeito cualitativo desde o punto de vista económico. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre a actividade turística no mes de setembro nos hoteis e pensións galegas. O INE revela que foi o mellor mes de setembro desde que hai rexistros nestes establecementos. Así, en setembro preto de 594.000 viaxeiros escolleron os hoteis e pensións galegos, que fixeron 1,1 de noites, cifras que superan nun 4,6 % en un 3,2 % respectivamente as do ano pasado.
  • Relatos, encontros e imaxes é o título do evento que terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela como peche da primeira edición da aceleradora musical Sonemerxente, posta en marcha pola Xunta de Galicia baixo a xestión da Fundación Paideia. As 10 bandas e artistas integrantes do programa compartirán cos asistentes os principais fitos desta experiencia, no marco da que tiveron a oportunidade de traballar no impulso das súas carreiras man a man con primeiras figuras da industria musical, ademais de ofrecer unha trintena de actuacións en diferentes festivais e citas culturais de toda Galicia.
  • O 24,9 % da infancia menor de 18 anos en Galicia vive en risco de pobreza e/ou exclusión social (taxa AROPE polas súas siglas en inglés -At risk of poverty and/or exclusion). Esto supón que 93.000 nenos, nenas e adolescentes na comunidade autónoma están nesta situación, segundo se desprende da Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia elaborado pola Plataforma de Infancia en colaboración coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG).
  • Lady Pink naceu en Ecuador e creceu en Nova York. Cando comezou a escribir graffiti aos 15 anos, axiña se deu a coñecer como a única muller capaz de competir cos rapaces na subcultura do graffiti durante o período 1979-1985. Comezou a expoñer obras en galerías cando aínda estaba no instituto e con 21 anos realizou a súa primeira exposición individual. Os lenzos de Lady Pink entraron en coleccións como o WhitneyMuseum, o MET NYC, o Brooklyn Museum, a Tate Modern de Londres, o MoMA NYC, o Museum of Fine Art de Boston e moitos outros. Creadora de murais en todo o mundo, na actualidade realiza obradoiros de murais con estudantes e dá conferencias activamente en universidades dos Estados Unidos.
  • Coincidindo co centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, a Xunta de Galicia organiza no Gaiás un programa especial de actividades ao redor da exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura. Co propósito de achegar a toda a cidadanía o legado do Seminario, esta programación inclúe tanto obradoiros didácticos para a rapazada como un programa de visitas especiais para público adulto, conducidas por algúns dos maiores expertos de Galicia na historia desta institución determinante na construción da nosa identidade.
  • Inaugurouse na Coruña a exposición A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso, que se poderá ver no Arquivo do Reino de Galicia ata o 15 de decembro como peche das actividades de celebración do Ano Picasso. A mostra aberta no Arquivo do Reino de Galicia inclúe máis de 150 documentos e obxectos datados entre os anos 1850 e 1920 procedentes da Escola de Belas Artes Pablo Picasso, do Museo de Belas Artes, do Instituto IES Salvador de Madariaga e do arquivo municipal da cidade da Coruña. Así, repartida en tres apartados, os visitantes atoparán documentos, fotografías orixinais, láminas de debuxos realizados polo alumnado, libros usados nas clases e reproducións de expedientes de estudantes como Picasso.
  • A Xunta de Galicia urxiu hoxe ao Consello de Estado a que lle traslade 'canto antes' o seu ditame sobre a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia no que se basea o recurso de inconstitucionalidade en contra desta norma, cuxa presentación foi anunciada a pasada semana na rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros. Logo de subliñar que a única comunicación oficial sobre esta cuestión foi unha chamada telefónica ao presidente da Xunta, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, exixiu 'claridade e respecto' ao Goberno central porque a Lei do litoral 'non vai contra a Constitución nin vai contra a Lei de costas', senón que responde á defensa dos lexítimos intereses de Galicia en base ás competencias recollidas no Estatuto de Autonomía.