Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A terceira edición do evento internacional de disciplinas de baile Vigo Porté vaise celebrar a vindeira primavera. Trátase dun dos eventos de danza de referencia en España e a nivel europeo, e regresará ao Auditorio Mar de Vigo os días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio, ampliando a competición por primeira vez a catro días. Ata a data e desde a apertura de inscricións no mes de outubro, Vigo Porté 2023 xa superou os rexistros da pasada edición no que a número de centros de danza (37), participantes (850) e coreografías (370)
  • A exposición Ferrol no tempo, organizada pola Xunta de Galicia, a través da Cidade da Cultura, e por Afundación, pechou as súas portas o pasado sábado na sede desta última entidade con 7.130 visitantes. A mostra, inaugurada o 18 de novembro, reuniu 115 pezas entre obras de arte, fotografías, documentos e mapas históricos e obxectos inzados de simbolismo, construíndo un relato único sobre a historia dunha urbe que embarcou a Galicia na modernidade.
  • A exposición itinerante 'Xuventude Crea, máis dunha década' pecha o seu percorrido cun coloquio no centro Mans da Fundación Paideia, moderado pola comisaria da exposición, Alexandra Rodríguez Rey, e na que participaron catro dos artistas gañadores: Sofía Rivas, Noelia Tojeiro, David Catá e Eva Antelo. Desde que comezou o seu percorrido, en maio do 2021, esta exposición, conformada por diferentes traballos de mozas e mozos galegos que participaron no programa Xuventude Crea, que promove o talento e a creatividade da mocidade galego, recibiu máis de 35.000 visitas.
  • A Xunta presentou a Estratexia Galega de Mobilidade co obxectivo de reducir un 30% as emisións contaminantes derivadas do transporte e o 80% as vítimas mortais derivadas da mobilidade no ano 2040. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presentou este documento que hoxe se somete a información pública.
  • 'Queremos seguir avanzando na creación dunha rede única que vinculará aos diferentes servizos de Oncoloxía Radioterápica de Galicia, o que, sen dúbida, redundará en beneficio de todos os pacientes galegos'. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Hospital Meixoeiro, nunha Xornada de transferencia de coñecemento interno: Rede de radioterapia do Sergas, acto no que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Puente.
  • María Antonia Dans (Oza dos Ríos, 1922- Madrid, 1988) pasa a súa infancia en Curtis, rodeada dunha paisaxe que estará moi presente na súa obra. En 1939 trasládase á Coruña, cidade onde empeza a desenvolver a súa faceta artística grazas a Lolita Díaz Baliño, a súa mestra durante cinco anos. Na cidade herculina realiza en 1950 a súa primeira exposición, compartida coa súa compañeira de clase Gloria de Llano. En 1952 múdase a Madrid, onde asiste a clases por libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes. O seu interese por seguir perfeccionando a súa técnica e os seus coñecementos artísticos levaraa a Italia, despois de obter diversas bolsas de formación do Ministerio de Educación Nacional e de Asuntos Exteriores e da Fundación Juan March.
  • Trátase dun percorrido no que o comisario, Manuel Gago, e o coordinador da mostra en Ferrol, Guillermo Llorca, estarán rodeados dalgunhas das persoas con máis traxectoria na investigación sobre o pasado da cidade. Nese grupo están: Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora e catedrática de Historia de Ensino Secundario xubilada; Carmen Porta Losada, xefa de Arquivo e Biblioteca do Concello de Ferrol; José Antonio Rodríguez Villasante Prieto, tenente coronel de Intendencia da Armada, membro da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; e Margarita Sánchez Yáñez, cofundadora e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses.
  • O galardón convocarase cunha periodicidade bienal e será unha das moitas iniciativas para celebrar o centenario do autor. Desta forma, outro dos actos culturais será unha exposición itinerante que comezará en Vigo e percorrerá as principais cidades galegas. Tamén se editará o libro 'Oroza 100', no que participarán cen artistas, intelectuais e escritores aportando a súa visión do autor e as súas propias experiencias. Carlos Oroza (Viveiro, 1923 – Vigo, 2015) foi un dos grandes creadores que viviu na cidade de Vigo, e con todo, o seu nome e a súa obra aínda son unha grande descoñecida entre os galegos, polo que estamos ante unha oportunidade única para afondar na divulgación do traballo do poeta e creador.
  • Vigo será o escenario para medio centenar destas citas, concentradas nos catro primeiros meses do ano e das que 37 son de teatro, 10 de danza, dúas de novo circo e unha de maxia. Así, a actividade da Rede de Teatros e Auditorios neste 2023 arrancará na cidade olívica esta mesma fin de semana co espectáculo de rúa Pachamama, co que Troula Animación estará na Porta do Sol o venres e sábado, ás 19,00 h. A partir de febreiro, a programación trasladarase ao Auditorio Municipal, que ese mes acollerá a Teatro del Barrio con Como hemos llegado hasta aquí os días 3 e 4, Magia en la Manga con The Best magic Trick in the World o día 5, Teatro DeuVe con 3240 os días 10 e 11, Teatro Spasmo coa montaxe infantil La mejor obra de la historia o día 12, Teatro Portal 71 con Sexpiertos os días 24 e 25 e Teatro N+1 coa proposta para público familiar Divertimentos o día 26.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 886, deles 195 son da área da Coruña, 118 da de Lugo, 93 da de Ourense, 86 da de Pontevedra, 157 da área de Vigo, 146 da de Santiago e 90 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 147 en unidades de hospitalización e 730 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 688.213 persoas curadas, rexistrándose 4.049 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.037.664. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.560.580.