Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Rede de Bibliotecas de Galicia, formada por máis de 300 centros públicos, pechou 2022 con case 1,6 millóns de préstamos, o que supón un incremento do 23 % en relación a 2021. Esta cifra coñécese o mesmo día que as bibliotecas celebran o Día do usuario/a, unha efeméride recollida no Calendario do libro e da lectura de Galicia que se conmemora cunha ampla programación para achegar estes servizos á cidadanía, con visitas comentadas ás instalacións, obradoiros, contacontos e recoñecementos aos lectores máis activos.
  • A mostra, que pode visitarse na sede Afundación ata 28 de xaneiro, exhibe unha escolla de 115 pezas, entre as que se atopan obras de arte, fotografías, mapas e documentos históricos, obxectos inzados de simbolismo, vídeos e instalacións interactivas, coa que se convida a explorar a identidade e legado da urbe. Percorre a evolución e construción da cidade a través dunha combinación de obxectos e materiais físicos e tecnoloxías interactivas.
  • As chuvias rexistradas nas últimas semanas permitiron desactivar o estado de seca prolongada en toda a demarcación hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica. Na xuntanza da Oficina Técnica da Seca celebrada hoxe, presidida pola directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e na que tamén participaron Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural, confirmouse a melloría da situacións tras as chuvias intensas rexistradas nas últimas semanas. A consolidación dos indicadores favorables do mes de novembro, coas precipitacións de decembro, permitiron recuperar os valores de normalidade en canto a chuvia rexistrada, superando a situación de seca prolongada que se mantiña activa aínda nalgúns sistemas da demarcación.
  • A Filmoteca de Galicia arranca as proxeccións da súa carteleira de xaneiro, coa que iniciará dúas retrospectivas dedicadas ao director iraniano Abbas Kiarostami e ao portugués Paulo Rocha, ademais de continuar co ciclo Filmes falados e cos seus especiais conmemorativos dos centenarios da actriz María Casares e do cineasta experimental Jonas Mekas. Kiarostami, un dos realizadores máis relevantes e influentes do seu tempo, protagoniza o arranque da nova programación na sede coruñesa da cinemateca da Xunta, que ofrecerá hasta abril un completo percorrido cronolóxico pola súa obra. Así, durante este mes proxectaranse 14 das curtas e longametraxes da súa primeira etapa, que vai de 1970 a 1980, agrupadas en catro programas.
  • A Xunta de Galicia conmemora o vindeiro mércores 11 o Día do Usuario das Bibliotecas cunha ampla programación para achegar estes servizos á cidadanía, con visitas comentadas ás instalacións, obradoiros, contacontos e recoñecementos aos lectores máis activos durante o ano pasado. A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés programa un obradoiro de 10,00 a 11,00 horas coordinado por Lía Santiso dirixido a público adulto para reflexionar sobre distintas obras literarias e tamén para que os usuarios podan compartir as súas experiencias.
  • A Cidade da Cultura despide 2022 superando o millón de visitas e coa cifra récord de 28 exposicións organizadas nun mesmo ano, un máximo que se acadou precisamente durante a celebración do décimo aniversario do Museo Gaiás. Co obxectivo de levar os seus contidos máis alá de Santiago e ampliar o público que pode acceder a eles, as mostras exhibíronse non só nos espazos da Cidade da Cultura, senón tamén nunha decena de centros e museos doutras localidades.
  • Nun día coma hoxe, é inevitable botar a vista atrás e facer balance de todo o andado neste 2022. E facelo aquí, onde os peregrinos acreditan a súa chegada ao final de todos os Camiños, a Galicia. Eles superáronse para chegar canda nós, igual que o Camiño de Santiago superouse a si mesmo como a nosa mellor carta de presentación ante o mundo. Ao longo do ano foron 438.000 as persoas que recolleron a Compostela neste Centro de Acollida ao Peregrino, certificando así unha experiencia que seguro vai permanecer sempre no seu recordo. A elas hai que sumar outras moitas que completaron a Ruta sen achegarse a pola súa credencial.
  • A Xunta manterá a partir do vindeiro 1 de xaneiro o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a orde que permite continuar con estas bonificacións do 50% no transporte público autonómico, que se aplicará sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia, TMG e Xente Nova. A orde regula o establecemento dunha minoración adicional e temporal nas tarifas bonificadas de aplicación no transporte público interurbano da competencia da Xunta.
  • A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe o convenio co que a Xunta vai impedir unha suba do 7% nas peaxes das autoestradas autonómicas e lamentou a 'pésima noticia para Galicia' do incremento das tarifas da AP-9 e da AP-53. Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, asinou hoxe co director xeral da concesionaria Autoestradas de Galicia, César Canal, o convenio que establece as tarifas que se van aplicar a partir do vindeiro 1 de xaneiro nas dúas autoestradas de xestión autonómica, A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57).
  • Tivo lugar a posta en marcha no Complejo Hospitalario Universitario de La Coruña dunha nova unidade de ensaios clínicos, que permitirá avaliar a efectividade de novos fármacos, unidade que representa un punto de inflexión no marco da investigación sanitaria. Destaca especialmente o servizo de Oncoloxía Médica do hospital coruñés, que conta con máis de 160 ensaios clínicos activos que amplían a información dispoñible en terapias dirixidas ou inmunoterapia en distintos tumores sólidos, ademais de achegar coñecemento sobre novos mecanismos de resistencia primaria adquirida.