Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O CGAC celebrará o seu 30 aniversario cun amplo programa composto por medio centenar de actividades, unha proposta que da proba da importancia deste museo no sector cultural. Ao longo das últimas décadas este museo tense consagrado como un dos centros artísticos de referencia en Galicia e un dos seus principais axentes culturais, ofrecendo programas expositivos extraordinarios con gran variedade de formatos, voces innovadoras e creadores de vangarda. Desde a súa inauguración, o CGAC converteuse nunha fiestra para ver o mundo e a arte desde Galicia adiantándose ás tendencias plásticas e culturais que se acabarían impoñendo no sector creativo sen deixar de lado as sensibilidades artísticas do momento.
  • A actividade central da conmemoración, que se desenvolve no Hostal dos Reis Católicos, consiste na lectura de poemas. Autoridades e figuras destacadas da esfera cultural como o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, ou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, dan voz a Tecín soia, ao prólogo de Follas Novas ou a Máis o que ben quixo un día, entre outros textos da autora. Pecha o acto a actuación dos Carapaus, acompañados das alumnas da Escola Municipal de Música de Santiago, Estela Pereira ao piano e Lía Ferrer ao violonchelo.
  • A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, respondeu esta mañá a una interpelación no Parlamento galego sobre as medidas impulsadas pola Xunta para facer fronte ao reto demográfico. Durante a súa intervención lembrou que Galicia gañou preto de 2000 habitantes no primeiro semestre do ano 2022, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, grazas ao saldo migratorio. Fabiola García sinalou que Galicia converteuse nunha Comunidade de referencia en materia de demografía gracias á aprobación no ano 2021 da primeira Lei de Impulso Demográfico de toda España. Unha normativa que, apuntou, permitiu blindar as medidas impulsadas para facer fronte á perda de poboación desde a transversalidade.
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións de Nordés Club Empresarial para analizar a situación do tecido empresarial galego no marco do clima de diálogo constante que a Xunta está tendo coas diferentes asociacións, co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades de pemes e autónomos para poder dar unha mellor resposta desde a Administración. Conde, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, incidiu na necesidade da colaboración público-privada para o impulso da actividade económica e industrial, e lembrou que a Xunta está traballando na axenda industrial da Galicia do ano 2030, na que A Coruña está chamada a ter un peso importante.
  • O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) e do bufete de avogados J&A Garrigues co obxectivo de afondar na estratexia de defensa dos intereses da frota galega ante o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas en 87 áreas de augas comunitarias.
  • A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a normativa do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa 2021-2027, na que se recollen as directrices deste instrumento fundamental para a xestión da auga en Galicia durante os vindeiros anos, e fixa como obxectivo lograr que o 100% das masas de auga da conca acaden o bo estado. O Plan Hidrolóxico de Galicia, que entrou en vigor o pasado 10 de febreiro coa súa publicación no Boletín Oficial do Estado, eríxese como unha folla de ruta con rango de lei. Foi aprobado por parte do Consello da Xunta hai xa oito meses, malia que non foi ata o pasado 24 de xaneiro cando foi autorizado en Consello de Ministros por parte do Goberno central.
  • Os actos oficiais estarán repartidos entre Santiago e Padrón, lugares de nacemento e pasamento da homenaxeada. A celebración comezará ás 10,00 h coa lectura de poemas por parte do alumnado do Instituto Camilo José Cela diante da Estatua de Rosalía, en Padrón. De aí, os festexos trasladaranse a Santiago, onde ás 11,00h haberá alborada cos Carapaus e ofrenda floral na praza de Vigo, preto de onde naceu Rosalía hai 186 anos. O acto central do día terá lugar ás 12,00 h no Hostal dos Reis Católicos, na Praza do Obradoiro, onde se realizará unha lectura de poemas seguida dunha actuación dos Carapaus, que tocarán con Estela Pereira e Lía Ferrer.
  • Redrum Teatro estrea a vindeira semana en Santiago de Compostela o seu décimo sexto espectáculo, Hamelin, que representará o xoves 23 e o venres 24 dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios no Teatro Principal. Así o explicou o director de AGADIC, Jacobo Sutil, na presentación destas representacións públicas de Hamelin, dirixida por Alex Sampayo a partir da premiada obra de Juan Mayorga, quen ten confirmada a súa asistencia á función do día 24. Machi Salgado, Belén Constenla, Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Rubén Porto e Fran Lareu conforman o elenco.
  • O Parque Natural Fragas do Eume terá nas vindeiras semanas o seu primeiro Plan de uso e xestión (PRUX) despois de que o documento fose informado favorablemente polo Consello galego de medio ambiente e desenvolvemento sostible (Cogamads), durante unha reunión que estivo presidida pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Deste xeito, o PRUX das Fragas do Eume dá un paso definitivo cara á súa aprobación definitiva xa que supera o último trámite formal antes de ser remitido ao Consello da Xunta, co que se acadará o “obxectivo transcendental” de que todos os parques naturais da Comunidade conten cun documento propio de xestión e protección.
  • Foi clausurado o programa de dinamización lingüística '21 días co galego e +', que nesta quinta edición implicou 12 centros educativos, case 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e servizos e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos xunto coas súas respectivas familias. Esta quinta edición foi a máis numerosa das realizadas ata o de agora, pois alcanzou un 20% máis de participación ca a anterior, o cal revela nun aumento do interese por parte dos centros e do seu profesorado nesta iniciativa que promove o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, levando o galego a fogares onde non adoitaba usarse e apoiando o alumnado que xa era galegofalante.