Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • 'Queremos seguir avanzando na creación dunha rede única que vinculará aos diferentes servizos de Oncoloxía Radioterápica de Galicia, o que, sen dúbida, redundará en beneficio de todos os pacientes galegos'. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Hospital Meixoeiro, nunha Xornada de transferencia de coñecemento interno: Rede de radioterapia do Sergas, acto no que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Puente.
  • María Antonia Dans (Oza dos Ríos, 1922- Madrid, 1988) pasa a súa infancia en Curtis, rodeada dunha paisaxe que estará moi presente na súa obra. En 1939 trasládase á Coruña, cidade onde empeza a desenvolver a súa faceta artística grazas a Lolita Díaz Baliño, a súa mestra durante cinco anos. Na cidade herculina realiza en 1950 a súa primeira exposición, compartida coa súa compañeira de clase Gloria de Llano. En 1952 múdase a Madrid, onde asiste a clases por libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes. O seu interese por seguir perfeccionando a súa técnica e os seus coñecementos artísticos levaraa a Italia, despois de obter diversas bolsas de formación do Ministerio de Educación Nacional e de Asuntos Exteriores e da Fundación Juan March.
  • Trátase dun percorrido no que o comisario, Manuel Gago, e o coordinador da mostra en Ferrol, Guillermo Llorca, estarán rodeados dalgunhas das persoas con máis traxectoria na investigación sobre o pasado da cidade. Nese grupo están: Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora e catedrática de Historia de Ensino Secundario xubilada; Carmen Porta Losada, xefa de Arquivo e Biblioteca do Concello de Ferrol; José Antonio Rodríguez Villasante Prieto, tenente coronel de Intendencia da Armada, membro da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; e Margarita Sánchez Yáñez, cofundadora e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses.
  • O galardón convocarase cunha periodicidade bienal e será unha das moitas iniciativas para celebrar o centenario do autor. Desta forma, outro dos actos culturais será unha exposición itinerante que comezará en Vigo e percorrerá as principais cidades galegas. Tamén se editará o libro 'Oroza 100', no que participarán cen artistas, intelectuais e escritores aportando a súa visión do autor e as súas propias experiencias. Carlos Oroza (Viveiro, 1923 – Vigo, 2015) foi un dos grandes creadores que viviu na cidade de Vigo, e con todo, o seu nome e a súa obra aínda son unha grande descoñecida entre os galegos, polo que estamos ante unha oportunidade única para afondar na divulgación do traballo do poeta e creador.
  • Vigo será o escenario para medio centenar destas citas, concentradas nos catro primeiros meses do ano e das que 37 son de teatro, 10 de danza, dúas de novo circo e unha de maxia. Así, a actividade da Rede de Teatros e Auditorios neste 2023 arrancará na cidade olívica esta mesma fin de semana co espectáculo de rúa Pachamama, co que Troula Animación estará na Porta do Sol o venres e sábado, ás 19,00 h. A partir de febreiro, a programación trasladarase ao Auditorio Municipal, que ese mes acollerá a Teatro del Barrio con Como hemos llegado hasta aquí os días 3 e 4, Magia en la Manga con The Best magic Trick in the World o día 5, Teatro DeuVe con 3240 os días 10 e 11, Teatro Spasmo coa montaxe infantil La mejor obra de la historia o día 12, Teatro Portal 71 con Sexpiertos os días 24 e 25 e Teatro N+1 coa proposta para público familiar Divertimentos o día 26.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 886, deles 195 son da área da Coruña, 118 da de Lugo, 93 da de Ourense, 86 da de Pontevedra, 157 da área de Vigo, 146 da de Santiago e 90 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 147 en unidades de hospitalización e 730 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 688.213 persoas curadas, rexistrándose 4.049 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.037.664. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.560.580.
  • A Xunta de Galicia clausurou a edición do 2023 de Fitur en Madrid poñendo en valor as festividades da comunidade como a mellor mostra dos seus recursos culturais e gastronómicos. O stand de Turismo de Galicia en Ifema, que rexistrou moi boa asistencia nos tres días que durou a Feira Internacional de Turismo, pechou esta última xornada coa exposición Un ano de festas. Neste percorrido polas principais celebracións do mapa galego presentado pola influencer Tamara García , a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os delegados territoriais da Xunta, enxalzaron o seu alto atractivo para o desenvolvemento turístico de Galicia.  
  • A Consellería de Sanidade detectou catro casos da sublinaxe XBB.1.5 do coronavirus en Galicia, dous deles na área sanitaria da Coruña e os outros dous na de Pontevedra. Ningún destes casos se atopa hospitalizado. A Dirección Xeral de Saúde Pública sinala que, coa información epidemiolóxica dispoñible, non se prevé que esta nova variante teña consecuencias máis graves que as variantes circulantes ata o momento. O departamento sanitario galego volve facer un chamamento á vacinación e sinala que, para a xente que aínda non teña posta a cuarta dose, hai 29.000 citas dispoñibles semanais para adultos e 1.100 para nenos e nenas no sistema de autocita.
  • Dentro da programación do Bicentenario do Concello de Paradela, ven de publicarse o libro “XESÚS MATO, 90 anos… e 50 do seu Fuxan os Ventos”, como homenaxe ao crego e musicólogo fillo predilecto do Concello de Paradela. O libro, publicado por Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria, coordinado por Antonio Giz e Xulio Xiz, co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Paradela, a través de 166 páxinas, é un percorrido pola traxectoria vital de Xesús Mato e Mato, co gallo de cumprir 90 anos o pasado 29 de outubro, e medio século da creación do grupo “Fuxan os ventos”, do que foi alma máter, sendo tamén da súa autoría a letra e a música da canción que deu nome ao grupo.
  • A Cidade da Cultura avanzou o seu programa de actividades para o primeiro semestre deste ano, no que salientan unha vintena de exposicións e intervencións artísticas e paisaxísticas, o reforzo do seu programa de residencias e unha destacada aposta pola itinerancia dos seus contidos culturais, que chegarán a cidades como París, Cáceres, A Coruña, Lugo ou Vigo. Unha das grandes novidades da programación expositiva do Museo Gaiás chegará en marzo coa mostra Detrás do espello. Galicia na obra de autores foráneos do século XX.