Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa 2021-2027 entra en vigor como unha folla de ruta con rango de lei para lograr que o 100% das masas de auga da conca acaden o bo estado. O BOE publica a aprobación deste plan, tras unha tramitación que comezaba coa luz verde por parte do Consello da Xunta hai xa oito meses, e a posterior autorización, o pasado 24 de xaneiro, por parte do Goberno central. Con ese fito, Galicia pioneira ao aprobar o seu plan de conca, un instrumento de planificación que ten moi en conta a necesidade de adaptar a xestión da auga ao novo contexto de cambio climático, tanto no relativo ao risco de inundacións como aos episodios de seca.
  • 'Picasso, branco no recordo azul' reivindica a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas, moitas delas representativas do seu período de formación na Coruña e da súa etapa de madurez e consagración. Trátase dunha mostra que se enmarca na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsada polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, con Telefónica como empresa colaboradora.
  • Galicia propuxo un total de 117 areais para optar á Bandeira Azul 2023, o que supón 2 novas candidaturas con respecto ás presentadas na edición do pasado ano 2022, tal e como salientou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, logo de participar na reunión do xurado nacional que concede estes distintivos. Do Campo incidiu en que a Comunidade galega, coas 117 propostas —38 da Coruña, 19 de Lugo e 60 de Pontevedra—, é a terceira autonomía que máis opcións presentou, por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía. Os areais candidatos de Galicia foron avaliados xunto cos de Madrid, País Vasco, Cantabria, Asturias e Estremadura.
  • A Rede Galega de Música ao Vivo achégalle ao público dunha decena de localidades galegas a súa nova programación, configurada por 83 concertos de moi variados estilos que terán lugar ata finais de setembro en 11 salas: A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro), Sala La Room (Ferrol), Pub Gatos (Melide), Guión Clube (Pontedeume) e Borriquita de Belém e Casa das Crechas (Santiago de Compostela), na da Coruña; o Club Clavicémbalo da capital lucense, na de Lugo; Cafe Cultural Auriense (Ourense) e A Arca da Noe (Vilar de Santos), na de Ourense; e Sala Krazzy Kray (Cambados) e La Fábrica de Chocolate Club (Vigo), na de Pontevedra.
  • Os 12 museos públicos galegos ofrecerán un total de 68 exposicións, despois de vivir un “gran” 2022, ao recuperar niveis de visitantes previos á pandemia -con preto de 400.000- e triplicar as cifras de 2009. O calendario de actividades conta con propostas ao redor de grandes artistas e que, ademais de exposicións, haberá “iniciativas que situarán a Galicia no mapa de importantes efemérides culturais nacionais e internacionais”, en referencia a citas como o Ano Picasso, os aniversarios do CGAC e o Museo de Viladonga, os centenarios do poeta Carlos Oroza e do Seminario de Estudos galegos e o 50 aniversario do pasamento de Urbano Lugrís, entre outras.
  • Galicia mellorou tamén as súas cifras con respecto ao conxunto do Estado, cunha ocupación oito puntos maior respecto da media e manténdose como o sétimo destino máis importante, unicamente por detrás de Canarias, Cataluña, Baleares, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Madrid. Por outra banda, este ano avanzouse na desestacionalización do sector, conseguindo cifras nunca acadadas. Así, explicou que o 38% da demanda concentrouse na temporada alta -meses de xullo e agosto-, ficando a porcentaxe restante repartida entre a temporada media -o 38%- e baixa -co 24% neste caso-.
  • A terceira edición do evento internacional de disciplinas de baile Vigo Porté vaise celebrar a vindeira primavera. Trátase dun dos eventos de danza de referencia en España e a nivel europeo, e regresará ao Auditorio Mar de Vigo os días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio, ampliando a competición por primeira vez a catro días. Ata a data e desde a apertura de inscricións no mes de outubro, Vigo Porté 2023 xa superou os rexistros da pasada edición no que a número de centros de danza (37), participantes (850) e coreografías (370)
  • A exposición Ferrol no tempo, organizada pola Xunta de Galicia, a través da Cidade da Cultura, e por Afundación, pechou as súas portas o pasado sábado na sede desta última entidade con 7.130 visitantes. A mostra, inaugurada o 18 de novembro, reuniu 115 pezas entre obras de arte, fotografías, documentos e mapas históricos e obxectos inzados de simbolismo, construíndo un relato único sobre a historia dunha urbe que embarcou a Galicia na modernidade.
  • A exposición itinerante 'Xuventude Crea, máis dunha década' pecha o seu percorrido cun coloquio no centro Mans da Fundación Paideia, moderado pola comisaria da exposición, Alexandra Rodríguez Rey, e na que participaron catro dos artistas gañadores: Sofía Rivas, Noelia Tojeiro, David Catá e Eva Antelo. Desde que comezou o seu percorrido, en maio do 2021, esta exposición, conformada por diferentes traballos de mozas e mozos galegos que participaron no programa Xuventude Crea, que promove o talento e a creatividade da mocidade galego, recibiu máis de 35.000 visitas.
  • A Xunta presentou a Estratexia Galega de Mobilidade co obxectivo de reducir un 30% as emisións contaminantes derivadas do transporte e o 80% as vítimas mortais derivadas da mobilidade no ano 2040. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presentou este documento que hoxe se somete a información pública.