Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • Galicia recibiu onte un total de 18 estrelas Michelin para 16 restaurantes galegos, o que reafirma que a proposta galega sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia. Dos 16 restaurantes, dous deles, Culler de Pau e Camiño da Serpe, acadan dous destes distintivos. Durante esta celebración, o restaurante Ceibe, localizado en Ourense, e o Asador O´Pazo, en Padrón recibiron unha estrela Michelin. Así, os chefs Lydia do Olmo e Xosé Magalhaes, do restaurante ourensán, e Óscar Vidal, do restaurante situado no concello coruñés, recibiron as icónicas chaquetas de cor branca polo súa labor.
  • Arredor de 400 músicos de oito formacións galegas daranse cita na fin de semana do 3 e 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova con motivo do XV Certame Galego de Bandas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Así se anunciou na presentación en Ourense desta 15ª edición do evento, coa que se recupera a súa celebración despois de que en 2021 tivera que ser suspendido pola pandemia. O Auditorio Ilduara estréase como escenario deste certame, no que se darán cita oito agrupacións, incluída a Banda Xuvenil de Celanova.
  • Ademais da trintena de actividades que se desenvolverán durante os catro días de feira no Espazo Profesional, onde se darán cita as asociacións e axentes que operan nos distintos campos culturais, Culturgal regresa fiel ao seu encontro co público, desta volta baixo o lema 15 anos cos fíos da cultura. Nesta edición son máis de 90 as accións que terán lugar de venres a domingo arredor de cinco eixos: Espazo Libro, Música+Teatro, Programa Cine, Programa Infantil e Espazo Arte. Ao tempo, poderanse visitar máis dun cento de expositores do recinto feiral e do Espazo Arte coa presenza de institucións e empresas dos diferentes sectores aquí representados, entre eles o CGAC de Santiago.
  • Os traballos de posta en valor da zona arqueolóxica de Adro Vello mostran un xacemento moi rico onde se visualizan 18 séculos da historia de Galicia. Así se desprende dos primeiros resultados deste proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Universidade de Vigo que o vindeiro sábado se exporán nas xornadas 'Adro Vello. Pasado, presente e futuro'. Nesta cita, na que participan diferentes especialistas como profesores, arqueólogos, investigadores ou antropólogos, daranse a coñecer os traballos feitos o pasado verán por unha vintena de investigadores nun dos xacementos máis senlleiros da arqueoloxía galega das últimas décadas. 
  • A Xunta cualifica de 'decepción' o resultado da reunión sobre a A-6 co Ministerio de Transportes, que non achegou explicacións suficientes do colapso, solucións eficaces para os transportistas nin plan concreto para a reconstrución integral da autovía. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou hoxe na reunión, por videoconferencia, convocada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana sobre o colapso do viaduto do Castro da A-6, na que tamén participaron representantes do Goberno de Castela e León.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inaugurou Camiños III, a exposición que culmina a triloxía de mostras vinculadas ao camiñar nas que participaron máis de 40 artistas. Camiños III, comisariada por Santiago Olmo e o profesor da universidade da Coruña e crítico de arte Alberto Cartón conta coa participación dos artistas Vito Acconci, Janine Antoni, Miguel Ángel Blanco, Mar Caldas, Benvenuto Chavajay, Mona Hatoum, Kubra Khademi, Manolo Laguillo, Juan Lesta, Priscilla Monge, Jürgen Partenheimer, Damián Ucieda e Oriol Vilanova.
  • Foi inaugurada na Cidade da Cultura a exposición 'Camiños creativos', un percorrido pola relación entre arte e movemento do século XVIII ata a actualidade. A mostra exhibe no Museo Centro Gaiás obras asinadas por grandes mestres da pintura e da fotografía, como Turner, Constable, Courbet, Corot, Rousseau, Sorolla ou Cartier-Bresson, e referentes da creación máis actual: desde David Hockney a Julian Opie, Jeppe Hein ou Cristina Iglesias. Máis dun centenar de obras, moitas delas nunca antes exhibidas en Galicia, procedentes dunha trintena de museos e coleccións de oito países de Europa.
  • O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou esta tarde no Parlamento que, a partires do ano 2023, dous terzos dos compoñentes do Servizo de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta traballarán todo o ano, xa que todos os postos de traballo de nove meses vanse pasar a doce meses. Así mesmo, indicou que está en marcha un proceso de funcionarización para que moitos deles poidan adquirir a condición de funcionario. Unhas novas que trasladou no marco da súa comparecencia, a petición propia, para dar conta do balance da campaña de incendios de 2022 e informar dun paquete de 20 medidas para facer fronte a esta lacra.
  • A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, participou hoxe na reunión da Oficina Técnica da Seca, na que se constatou unha melloría xeneralizada con respecto á ultima xuntanza, que foi o 20 de outubro. Segundo o Plan de seca de Galicia-Costa, a situación avalíase, dunha banda, en función das precipitacións rexistradas e, doutra banda, en función das reservas de auga dispoñibles para o abastecemento.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.741, deles 340 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 351 da de Ourense, 180 da de Pontevedra, 235 da área de Vigo, 259 da de Santiago e 164 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 1.578 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 678.558 persoas curadas, rexistrándose 3.948 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.997.664. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.372.881