Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O espectáculo galego-turco Tolo chega a Galicia tras a súa recente estrea no Festival Internacional de Teatro de Maltepe, en Istambul, onde acaba de ser recoñecido co premio especial do xurado. O Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe coproducen esta montaxe da compañía galega Cinema Sticado e a turca Tíyatro Eksen, que poderá verse no Teatro Principal de Santiago de Compostela o domingo 16 dentro da programación do Festival Internacional Galicreques. Como parte do seu traballo conxunto no seo da Eurasia Theater Association, integrada por unha vintena de espazos e institucións teatrais de ambos os continentes, o Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe promoveron a unión de Cinema Sticado e Tíyatro Eksen para investigar arredor da obra Diario de un loco, de Nicolái Gogol.
  • A Oficina Técnica da Seca acorda manter a situación de seca prolongada en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa ante os baixos niveis dos ríos e dos encoros. Dado que o 1 de outubro comezou o novo ano hidrolóxico, que se contabiliza ata o 30 setembro do próximo exercicio, na reuión realizouse un balance das aportacións hídricas na bacía Galicia-Costa no período 2021-2022, habendo moitos menos recursos hídricos que outros anos, un 44,77% menos que o promedio histórico, sendo o segundo peor dato nos últimos 12 anos.
  • Galicia rexistrou un mes de setembro cálido e cun volume de precipitacións que se moveu dentro dos valores habituais na Comunidade para esta época do ano. Segundo o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, a temperatura media situouse 0,6 graos por riba do valor histórico do período de referencia 1981-2010, concentrándose a anomalía máis acusada nas mínimas, que foron 1,1 graos máis altas do agardado. No que respecta ás precipitacións, os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade reflicten que choveu un 1% menos do habitual para este mes, polo que o período pode considerarse normal.
  • A Xunta de Galicia volveu reclamar hoxe ao Goberno central que actúe de forma eficaz e contundente para frear o fenómeno da ocupación de vivendas impulsando unha reforma lexislativa que, entre outras cuestións, endureza as penas contra os responsables deste tipo de accións e garanta a máxima axilidade á hora de desaloxar os inmobles ocupados. Esta foi a principal demanda que lle trasladou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, con quen se reuniu por primeira vez desde que asumiu o cargo, hai ano e medio.
  • 2022 foi un ano histórico para o turismo en Galicia con récord de peregrinos e unha ocupación hoteleira nunca vista no mes de agosto. Esta semana superouse a barreira das 348.000 compostelas do total de 2019, o ano con máis peregrinos desde que hai rexistros. Tendo en conta a progresión de afluencia no segundo ano do Xacobeo, podería pecharse o 2022 coa extraordinaria cifra de 400.000 peregrinos. En canto aos datos de ocupación hoteleira no mes de agosto, acadouse un máximo de viaxeiros e de pernoitas e un nivel de recuperación respecto do 2019 por riba da media de España.
  • Foi presentada a quinta edición do Festival Underfest SON Estrella Galicia que chega de novo ás salas vigueses entre o 22 e o 24 de setembro como referencia do outono musical galego. Os escenarios escollidos nesta ocasión para este festival cun total de 18 artistas son o Auditorio Mar de Vigo, o Museo MARCO, a Sala Kominsky, La Iguana, Mogambo, Radar, Reserva e Masterclub. O británico Michael Kiwanuka, recoñecido como unha das mellores voces do soul actual e encomiado por prensa e público, encabeza o cartel desta edición. Ademais, existirán interesantes propostas como a dos belgas Goose, o londinense PM Warson, a espectacular cantante americana Sarah McCoy ou os suecos Diamond Dogs.
  • O Centro Dramático Galego e Ainé Producións estrearán o 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', espectáculo que abordará tanto a dimensión visible como a cara oculta do mundo do fútbol. O espectáculo mestura xornalismo, deporte e teatro nunha proposta escénica que xorde dun libro inédito de Nacho Carretero, dirixida por Tito Asorey, e que conta coa dramaturxia de José L. Prieto.
  • A Cidade da Cultura programa tres novos concertos do ciclo Matinais Musicais para este outono que achegan ao público as últimas creacións musicais de vangarda, o jazz e impulsan o diálogo entre Xapón e Galicia a través da música. Serán tres actuacións nas mañás dos domingos o 25 setembro, o 23 de outubro e o 27 de novembro e as entradas pódense adquirir xa a través de Ataquilla. As Matinais Musicais arrincan con Aruku – Camiñar e a cantante Ryoko Aoki, figura internacional do teatro Noh, unha das manifestacións máis antigas do drama musical xaponés.
  • O programa Coidados porta a porta ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude para achegar esta atención ás proximidades dos fogares das persoas maiores, de maneira que conten con servizos na súa contorna e poidan seguir vivindo alí onde prefiran.
  • Con carácter informativo e didáctico, a mostra divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra do autor valdeorrés. Todos eles repasan a súa traxectoria vital e biográfica nunha rápida viaxe, rigorosa e amena, para comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura de Delgado Gurriarán. A exposición compleméntase cunha selección de obxectos persoais do escritor, expostos en mesas-vitrina, como cartas con persoeiros do seu tempo como Otero Pedrayo e Castelao, borradores de poemas que logo remataron nos seus libros e publicacións orixinais que facilitarán un achegamento máis completo para comprender a súa figura e obra.