Noticias
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.834, deles 1.017 son da área da Coruña, 615 da de Lugo, 751 da de Ourense, 442 da de Pontevedra, 745 da área de Vigo, 754 da de Santiago e 489 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 471 en unidades de hospitalización e 4.335 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 660.418 persoas curadas, rexistrándose 3.807 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.958.184. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.710.595
-
O SonRías Baixas de Bueu recupera neste 2022 o seu gran formato e ofreceralle ao público entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de nomes destacados do panorama musical actual. O SonRías Baixas dividirá en tres xornadas o seu programa, que inclúe unha cifra significativa de mulleres para continuar un ano máis coa súa decidida aposta para fomentar unha industria musical igualitaria en Galicia. O festival abrirá na noite do xoves cos concertos de Delaporte, Sofía Gabanna, JazzWoman e Cool Nenas, que subirán ao escenario nun día en que tamén actuarán o rapeiro Rels B e Maurino.
-
Algunhas das propostas estrelas do festival serán as galas de maxia internacionais nas 7 grandes cidades galegas, os retos de maxia extrema en localizacións emblemáticas tamén nas principais cidades da comunidade, os espectáculos de maxia nas unidades de pediatría dos principais hospitais galegos e ademais levarase a cabo unha xira de maxia na rúa con espectáculos en máis de 100 concellos de Galicia. En total terán lugar 220 actuacións con máis de 30 artistas e concretamente, na provincia da Coruña estes espectáculos chegarán a 33 concellos, na oportunidade de poder ver nos principais teatros de Galicia a mellor calidade posible e os números máis premiados e recoñecidos por ilusionistas de todo o mundo.
-
A 35 edición do festival Noroeste Estrella Galicia encherá de boa música a cidade da Coruña entre 10 e o 14 de agosto, con 49 bandas, 51 concertos e 10 escenarios espallados por toda a cidade para darlle un carácter máis universal para chegar a todas as zonas da cidade. Estarán, entre outros, Baiuca e Zahara (Riazor), Dios ke che crew (Santa Margarita), Miguel Costas e Familia Caamagno (Campo da Leña), Néstor Pardo e Alfredo García (Plaza de Azcárraga), Nara is Neus & Sasha Smirnov, Musculo e CRNDS (Fundación Luís Seoane), Uxía Pedreira (Castillo de San Antón), Antonio Placer (Casa Casares Quiroga), Toccoro e Judah (A Cormelana), Festicultores e Brasica Rapa e moitos máis.
-
Entre as accións programadas, moi pronto poderemos gozar do cine na rúa con filmes como a produción galega Valentina ou Bella e o circo máxico, dirixido a nenas e nenos e no que se trata o tema da amizade no contexto da igualdade de xénero e a diversidade. Os máis cativos tamén se divertirán cos espectáculos O tranvía Leonardo, con monicreques e música; Toupiciencia Show e Lendo a Ciencia: Festiencia & Festiletras, nos que se fomenta a divulgación científica en galego; O porco de pé, que leva ao teatro a novela de Vicente Risco, ou Xela contra o dragón Traga-verbas, espectáculo que trata a importancia do uso cotián da lingua galega e da conservación da nosa identidade.
-
No marco deste dispositivo extraordinario crearanse equipos de voluntarios de Protección Civil integrados nos Postos de Mando Avanzados (PMA) da Pobra do Brollón e do Barco de Valdeorras, que contarán cun coordinador encargado de organizar os membros de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de toda a comunidade en labores de apoio e loxística. A estes puntos deberán trasladarse as persoas desaloxadas por mor dos incendios e que precisan volver ás súas vivendas, tanto as que están aloxadas en pavillóns e lugares habilitados como en vivendas de familiares ou persoas achegadas.
-
Presentouse o cartel do Festival Neox Music Day que será un referente ‑nesta segunda edición‑ da música urbana xa que contará coa participación dos artistas deste estilo de música de maior renome de ámbito nacional e internacional. Estamos a falar dun cartel composto por: Bizarrap, Hijos de la Ruina, Rels B, Bad Gyal, Ptazeta, Quevedo, D.L.Blando. A súa montaxe, en Expocoruña, engadirá un atractivo especial, tanto a nivel de condición acústicas como para poder sentir aos artistas na proximidade, factores ambos que darán un toque especial e peculiar ao festival.
-
A Xunta de Galicia, a través do Comité de Plan de Calor, e no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, informa que o martes 19 se desactivará en toda a comunidade a alerta por vaga de calor, iniciada o pasado día 8 de xullo. Neste senso, na xornada de hoxe soamente as zonas do Centro, Montaña e Sur de Lugo; e as de Montaña, Valdeorras e Sur de Ourense; permanecen no nivel 1 de alerta por vaga de calor. O resto zonas,xa contarándesde hoxe con temperaturas normais para esta tempada do ano.
-
A sexta edición do 17º Ribeira Sacra Festival ampliará neste 2022 a súa duración ao incorporar unha cuarta xornada ao seu programa. O cartel deste ano repartirá así entre o xoves 28 e o domingo 31 os concertos de 15 bandas que conforman unha selección de propostas de calidade, tanto do panorama nacional coma do internacional. Bandas e solistas como os británicos The Hanging Stars, os escoceses Teenage Fan Club, os israelís do grupo Lola Marsh, o vasco Amorante, a madrileña Alicia Wonder ou cataláns Manel actuarán nos diferentes escenarios.
-
A Rede Galega de Teatros e Auditorios pon en marcha hoxe a súa programación para o segundo semestre, durante o cal se celebrarán 201 actuacións escénicas e concertos nos 37 concellos adheridos a este circuíto de distribución de espectáculos que promove e coordina a Xunta. Deste xeito, superaranse no cómputo anual as 500 actuacións de teatro, maxia, danza, circo e música que ofrecerán 181 formacións artísticas no 2022 ao abeiro desta rede cofinanciada coas entidades locais asociadas, para o que se dispón dun orzamento global que supera os 1,8 millóns de euros.