Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.206, deles 361 son da área da Coruña, 268 da de Lugo, 164 da de Ourense, 248 da de Pontevedra, 662 da área de Vigo, 400 da de Santiago e 103 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 90 en unidades de hospitalización e 2.095 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 122.396 persoas curadas, rexistrándose 2.420 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.260.108. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.902.299.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe que 5.260 establecementos galegos adheríronse ao Bono Activa Comercio posto en marcha para fomentar as compras de proximidade. Os comerciantes tiveron de prazo para formar parte desta iniciativa ata o 31 de maio, manténdose aínda aberto o período para a descarga dos bonos por parte dos clientes. Feijóo destacou que 126.000 galegos xa descargaron o bono para realizar as súas compras nestes dous primeiros meses, incidindo en que esta iniciativa, á que se pode ter acceso a través da web bonosactivacomercio.gal, continúa aberta para os consumidores.
  • Cada galego depositou durante o ano pasado unha media de 63 envases de vidro nos contedores verdes, unha cifra superior á media española (61 por persoa) e que supón ademais unha mostra do compromiso crecente coa recollida selectiva da cidadanía galega, que nun ano marcado pola covid conseguiron seguir reciclando máis e mellor. Neste sentido, cómpre lembrar que a pesar do impacto que supuxo a pandemia para a actividade hostaleira, un sector tradicionalmente responsable de máis do 50% dos envases de vidro do mercado, a nivel doméstico a reciclaxe deste tipo de material aumentou.
  • Durante o primeiro ano de pandemia, o 99% das mortes por covid-19 producíronse en persoas maiores de 50 anos, e máis do 70% eran maiores de 80 anos pese a representar menos do 9% da poboación galega. Co avance da pandemia e a xeneralización de probas PCR entre a poboación, a porcentaxe de casos detectados por grupo de idade é moi semellante practicamente en todos eles. Estas son algunhas das conclusións recollidas nun traballo realizado por investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela e do Sergas no que se analizan os datos dun ano de pandemia en Galicia.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.420, deles 461 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 191 da de Ourense, 310 da de Pontevedra, 722 da área de Vigo, 439 da de Santiago e 75 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 96 en unidades de hospitalización e 2.291 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 121.562 persoas curadas, rexistrándose 2.415 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.229.403. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.787.146.
  • O Centro Dramático Galego (CDG) pecha esta fin de semana a temporada de exhibición no Salón Teatro de Santiago de Compostela cos espectáculos O mozo da última fila, de Redrum Teatro, e As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste. As representacións terán lugar o sábado 29 e o domingo 30 respectivamente. As entradas xa se poden adquirir a través de ataquilla.com e estarán tamén á venda nos despacho de billetes o mesmo día de cada sesión, desde dúas horas antes do seu comezo. Dirixida por Alex Sampaio a partir dunha dramaturxia de Juan Mayorga, O mozo da última fila é unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística.
  • Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe na rolda de prensa do Consello as novas medidas que entrarán vigor o vindeiro sábado, tras a reunión onte do comité clínico, e que hoxe mesmo serán enviadas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a súa validación. Así, nun primeiro termo destacou que os concellos de Mos, A Pobra do Caramiñal e Lobios quedarán en nivel máximo de restricións e, polo tanto, estarán pechados perimetralmente, a hostalería permanecerá pechada e non estarán permitidas as reunións de non conviventes.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Museo das Peregrinacións e de Santiago serán algunhas das sedes do Festival Performativo Plataforma 2021 que arrinca este mércores en Santiago de Compostela e que ofrecerá preto dunha trintena de propostas culturais ata o 5 de xuño. Trátase dunha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia, en cuxa presentación participou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Ao longo de dúas semanas, daranse cita preto dunha trintena de propostas culturais, que comezarán mañá no Museo das Peregrinacións e de Santiago coas conversas organizadas cos creadores Verónica Moar e Álvaro Valiño sobre deseño performativo.
  • A Filmoteca de Galicia acollerá catro exhibicións da (S8) XII Mostra Internacional de Cinema Periférico, presentada hoxe na Coruña nun acto no que participou o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) da Xunta, Jacobo Sutil. As sesións previstas na sala José Sellier achéganse ao traballo da cineasta alemá Déborah S. Philips e dos españois José Val del Omar e Juan Sebastián Bollaín, e inclúen unha conferencia ilustrada co director franés Jean Rousseau. O evento, organizado pola ESE8 Asociación Cultural e que vén contando nos últimos anos co apoio da Xunta de Galicia para a súa celebración, desenvólvese do 28 de maio ao 6 de xuño en distintas sedes da cidade da Coruña.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.624, deles 520 son da área da Coruña, 227 da de Lugo, 203 da de Ourense, 333 da de Pontevedra, 805 da área de Vigo, 453 da de Santiago e 83 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 112 en unidades de hospitalización e 2.480 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 121.012 persoas curadas, rexistrándose 2.411 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.212.746.