Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Rede Galega de Teatros e Auditorios ten xa preparada a súa carteleira de espectáculos para o segundo semestre do curso, que desde o 15 de xullo levará 209 actuacións de teatro, danza, música, novo circo e maxia a 36 concellos de toda Galicia. Deste xeito e pese aos adiamentos e suspensións polo peche sanitario de primeiros de ano, serán máis de 500 as funcións desenvolvidas durante 2021 no seo deste circuíto cultural cofinanciado pola Xunta e as preto de 40 entidades locais asociadas, para o que se conta cun orzamento global superior aos 1,6 millóns de euros. Este segundo período de programación implicará a contratación de preto de 100 formacións artísticas profesionais de moi diferentes xéneros e estilos.
  • O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle a partir deste xoves catro novas funcións de Terceiro acto, a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, estreada o pasado 15 de abril e que estivo en cartel durante un mes con máis de 30 funcións. A peza dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e interpretada por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Tatán R. Cunha representarase do xoves 15 ao sábado 17 ás 21,00 h., e o domingo 18, ás 19.00 h. As entradas xa están á venda en ataquilla.com e poderán adquirirse no despacho de billetes desde dúas horas antes de cada pase.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.058 deles 957 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 980 da de Ourense, 869 da de Pontevedra, 1.058 da área de Vigo, 535 da de Santiago e 192 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 4.992 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.775 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.240.822. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.106.763.
  • O ciclo Danza 3 ofrece esta fin de semana as tres primeiras das 15 citas protagonizadas por Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina. A Xunta de Galicia e o colectivo XOC, integrado polas devanditas agrupacións, promoven por noveno ano consecutivo esta iniciativa de difusión do baile e a música tradicionais, desta volta como parte da programación cultural do Xacobeo 21-22. Con este motivo, amplíase o percorrido do ciclo, que o ano pasado e a pesar das restricións sanitarias foi quen de manter a meirande parte das representacións previstas. Esta nova viaxe polas prazas e rúas dos 15 concellos participantes dará comezo mañá sábado en Burela.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa da obrigatoriedade de presentar o resultado dunha proba diagnóstica negativa ou o certificado de vacinación completa, para acceder aos locais de ocio nocturno nos concellos galegos nos que rexan as medidas do nivel medio. O titular da carteira sanitaria da Xunta, apuntou que o Executivo galego aposta polo desenvolvemento dun ocio seguro, ao tempo que trasladou a preocupación das autoridades sanitarias polo aumento de casos positivos entre a mocidade.
  • O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.466 deles 627 son da área da Coruña, 264 da de Lugo, 311 da de Ourense, 510 da de Pontevedra, 429 da área de Vigo, 237 da de Santiago e 88 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 50 en unidades de hospitalización e 2.405 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.992 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.382.021. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.883.496.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.285. Deles 610 son da área da Coruña, 240 da de Lugo, 279 da de Ourense, 459 da de Pontevedra, 386 da área de Vigo, 223 da de Santiago e 88 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 41 en hospitalización e 2.234 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.929 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.994. Deles 574 son da área da Coruña, 224 da de Lugo, 229 da de Ourense, 367 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 190 da de Santiago e 82 da de Ferrol. Do total de positivos, 9 están en UCI, 46 en hospitalización e 1.939 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.762 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou dun novo investimento de máis de 10 millóns de euros para os programas integrados de emprego, subliñando que a medida, dirixida a entidades locais, xuntas ou agrupadas, e a organizacións con personalidade xurídica sen ánimo de lucro, inclúe 40 programas dirixidos cada un a 100 desempregados, co fin de reforzar as súas competencias fronte ao mercado de traballo. Nesta ocasión, a partida elévase un 20%, dos 8,4 aos 10 millóns de euros. No tocante aos requisitos, os beneficiarios terán que garantir unha inserción laboral mínima do 35% dos participantes.